A Coruña. 21N Crónica: Non queremos monarquía

A Coruña. 21N Crónica:  Non queremos monarquía

Agencia Mp3*. LQS. Noviembre 2020

Onte celebrouse unha concentración na Coruña baixo estes lemas: NON QUEREMOS MONARQUÍA, HERDEIRA DO FRANQUISMO. GALIZA NON TEN REI, QUE DEVOLVAN O ROUBADO, convocada polas seguintes entidades da comarca de Coruña: A.C. Alexandre Bóveda, A.C. O Facho, C.S. Gomes Gaioso, C.S. A Comuna, A.C. Irmáns Suárez Picallo, Cultura Aberta de Carral, Anova, BNG, Cerna, Compromiso por Galiza, Corrente Vermella, Equo, Esquerda Unida, Marea Atlántica, PCG, Propolis, Unión Republicana, Galiza Nova, Isca, XCG, CIG, Vangarda Obreira, CRMH.

Comunicaron tamén o seu apoio ao manifesto, até hoxe, estas organizacións: Asemblea Republicana de Vigo, Ateneo Republicano de Valdeorras, Agora Galiza-UP, Colectivo Republicano de Redondela, Obradoiro da Historia de Ordes, Asociación Viguesa pola Memoria do 36, Fundaçom Artábria, Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia, Estudantes Antifascistas, Ferrol en Común.

Houbo unha lectura colectiva do manifesto da convocatoria, así como de 26 puntos relacionados coa monarquía e a corrupción, que axuntamos.

Este é o relato do reinado de Juan Carlos Borbón, que non ten nada que ver coa historia oficial: O ditador Franco, que encabezou en 1936 o levantamento militar e fascista contra a democracia, designou a Juan Carlos como o seu sucesor en 1969 “para que todo quede atado y bien atado para el futuro”. A monarquía actual é, polo tanto, herdeira do franquismo, daqueles que deron un golpe de Estado contra a República constitucional, elixida nunhas eleccións democráticas. Despois da ditadura o pobo nunca puido votar sobre a forma do Estado: república ou monarquía.

Durante os seus 39 anos de reinado o rei Juan Carlos nunca condenou a ditadura franquista e nas súas manifestacións públicas falaba da “legitimidad política surgida el 18 de julio de 1936”, manifestaba “respeto y gratitud a nuestro Generalísimo Franco”, rendía “homenaje a su memoria”, falaba do “patriotismo” e “cualidades humanas” do ditador, a quen cualificaba como “figura excepcional”, “gran figura de nuestra historia”, “ejemplo único de amor a España”. Juan Carlos sempre manifestou “un gran afecto y una gran admiración” polo ditador Franco.

A monarquía borbónica está agradecida a Franco e a súa familia porque Juan Carlos foi rei pola designación do ditador. Por iso o rei Juan Carlos concedía á familia Franco, só seis días despois do falecemento do ditador, os títulos nobiliarios de Ducado de Franco e Señorío de Meirás, e fixo todo o posíbel para que os sucesivos gobernos non molestasen a esa familia e conservasen, entre outros, o pazo de Meirás e a casa Cornide, mentres aumentaba o seu patrimonio e facían grandes negocios.

Temos unha monarquía caduca e corrupta. Non estamos a falar de sospeitas ou presuntos delitos, senón de feitos comprobados sobre a existencia de fundacións fóra do Estado, contas secretas, cobro de comisións, etc, que nunca tributaron, segundo informes da propia Axencia Tributaria, e que poderían ser constitutivos, como mínimo, dos delitos de branqueo de capitais e fraude fiscal.

* Galiza pola República e polo dereito a decidir 
-Imaxes de @BNGACorunha

Síguenos en Facebook: LoQueSomos Twitter@LQSomos Telegram: LoQueSomosWeb Instagram: LoQueSomos

LQSomos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar