A Coruña: 6º Roteiro da Vergoña

Por Agencia Mp3. LQSomos.

Apróbase en 2017 a constitución do Consello da Memoria Democrática e cinco anos despois aínda non comezou o debate para acabar coa simboloxía franquista, despois de secuestrar durante un ano o informe do Instituto José Cornide…

Reproducimos la nota de prensa do Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña con motivo da celebración do 6º Roteiro da Vergoña da Coruña:

No 6º Roteiro da Vergoña proponse cambiar a rúa Pintor Sotomayor por “María Miramontes” e Ambrosio Feijoo por “10 de Marzo”

Celebrouse na Coruña o 12 de marzo o 6º Roteiro da Vergoña, nesta ocasión centrado en cinco significados franquistas: Pedro Barrié de la Maza, Alfonso Molina Brandao, Eduardo Sanjurjo de Carricarte, Fernando Álvarez Sotomayor e Ambrosio Feijoo Pardiñas. Presas e presos políticos na ditadura e familiares das vítimas leron en cada unha das paradas as biografías destas persoas. Podía lerse nun cartaz: “Pedro Barrié e Alfonso Molina non eran coruñeses exemplares, senón franquistas ao servizo dunha ditadura criminal”.

O Roteiro estivo dirixido pola actriz Isabel Risco e o músico Xurxo Souto. Houbo unha importante colaboración de xente da cultura. A escritora Mercedes Queixas, da Real Academia Galega, leu o poema “Cunetas” de Luis Pimentel. O profesor Manuel Agra leu o poema “Levan a Cristo por fóra” de Florencio Delgado Gurriarán (Día das Letras Galegas 2022). María Xosé Bravo, presidenta da AC Alexandre Bóveda, leu o poema “Singer e Minerva” –dedicado á costureira María Miramontes e a Ánxel Casal– enviado para o acto polo escritor Manuel Rivas, da Real Academia Galega. Carlos Babío leu o texto do historiador ferrolán Eliseo Fernández “Onde houbera lume, ficaban as brasas”.

O actor Fernando Morán, leu o manifesto que axuntamos, lembrando as reivindicacións da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica para acabar cos 110 restos do franquismo que aínda quedan na Coruña, entre eles as distincións de Fillo Adoptivo a Manuel Fraga e a Medalla de Bronce ao rei Juan Carlos, concedidas na ditadura. Denunciouse a falta de vontade política por parte do goberno municipal da Coruña para acabar cos restos do franquismo. Apróbase en 2017 a constitución do Consello da Memoria Democrática e cinco anos despois aínda non comezou o debate para acabar coa simboloxía franquista, despois de secuestrar durante un ano o informe do Instituto José Cornide. O goberno municipal non divulga o citado informe, nin executa as súas recomendacións, como aprobou o Pleno de decembro de 2021, e non retira a rúa do alcalde Peñamaría de Llano, cando o Pleno do Barco de Valdeorras aprobou por unanimidade a proposta de cambiar esa rúa por Mártires de Valdeorras, honrando así ás vítimas da actuación criminal nesa comarca da Lexión, dirixida por Peñamaría.

-Manifesto lido polo actor Fernando Morán: Fóra franquistas das nosas rúas, PDF-

* Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

A Coruña: Quinto Roteiro da vergoña
Galiza – LoQueSomos

Síguenos en redes sociales… Mastodon: @LQSomos@nobigtech.es Diaspora*: lqsomos@wk3.org Telegram: LoQueSomosWeb Twitter: @LQSomos Facebook: LoQueSomos Instagram: LoQueSomos

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar