II Marcha pola devolución da Casa Cornide na Coruña

II Marcha pola devolución da Casa Cornide na Coruña

Agencia Mp3*. LQS. Julio 2020

La Comisión Aberta en Defensa do Común convoca una marcha cívica el sábado 26 de septiembre para exigir la devolución de la casa Cornide al patrimonio de la ciudad. La comitiva saldrá a las 12.00 horas de la plaza de María Pita. Los participantes irán hasta la Ciudad Vieja acompañados de un grupo de gaiteiros y lucirán una pancarta con el lema “A casa Cornide sempre foi patrimonio da Coruña. Franquismo nunca máis. Que devolvan o roubado”.

Na asemblea con entidades, convocada por Defensa do Común, acordouse celebrar a II Marcha o sábado, 26 de setembro. A comitiva, que sairá ás 12 horas da praza de María Pita da Coruña até a Casa Cornide na Cidade Vella, estará encabezada por un grupo de gaiteiros e unha pancarta co seguinte texto: A CASA CORNIDE SEMPRE FOI PATRIMONIO DA CORUÑA. FRANQUISMO NUNCA MÁIS. QUE DEVOLVAN O ROUBADO.

Terá un carácter reivindicativo e lúdico coa participación de diversos actores e actrices, que representarán ás principais persoaxes implicadas no roubo da Casa Cornide: Caudillo Generalísimo Franco, esposa Carmen Polo, Pedro Barrié de la Maza, Alfonso Molina e Sergio Peñamaría de Llano.

A Casa Cornide, o mismo que o pazo de Meirás, forman parte do espolio da familia Franco. A Deputación da Coruña e o Parlamento Galego aprobaron iniciativas por unanimidade para que a familia Franco devolva o roubado. Así, o Parlamento Galego instaba al Goberno do Estado o 11 de xullo de 2018 para que inicie as accións legais para a recuperación do pazo de Meirás para o patrimonio público e que esta “non implique un novo custo para o pobo galego”.

Na citada asemblea acordouse a edición dun folleto informativo sobre todo o proceso até que a Casa Cornide chega a poder da familia Franco, así como un cartaz para a convocatoria da II Marcha.

Presentaremos unha proposta de moción a todos os grupos municipais para o Pleno de setembro con estes acordos:

1. Ratificar os diversos acordos tomados, que reclamaban a recuperación da Casa Cornide para o patrimonio da Coruña.

2. Apoiar as iniciativas do concello da Coruña para que a Casa Cornide sexa declarada Ben de Interese Cultural (BIC), así como os informes xurídico e histórico, que xustifican a devolución da Casa Cornide.

3. Considerar non grata a presenza da familia Franco na Coruña polo seu empeño en continuar co espolio da Casa Cornide.

4. Iniciar o expediente, dentro dos traballos da Comisión Municipal de Memoria Democrática, para a retirada de rúas, retratos, placas, monólitos e todo tipo de distincións a Alfonso Molina Brandao, Pedro Barrié de la Maza e Sergio Peñamaría de Llano, pola súa significada participación no espolio da Casa Cornide.

5. Apoiar a II Marcha Cívica, convocada por entidades da Coruña e publicar un Bando da Alcaldía chamando á participación.

* Defensa do Común

A Coruña. Pola devolución da Casa Cornide
Desde O Parrote non se ve o mar

Galiza – LoQueSomos

Síguenos en Facebook: LoQueSomos Twitter@LQSomos Telegram: LoQueSomosWeb Instagram: LoQueSomos

LQSomos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar