Manifesto Vigo cidade antifascista

Vigo Antifascista*. LQS. Marzo 2021

Este ano, o próximo 20 de Xullo, cúmprese o octoxésimo quinto aniversario do inicio do xenocidio perpetrado polo fascismo.

Iniciado na nosa céntrica Porta do Sol polos traidores capitaneados por Carreró. Foron días onde a resistencia organizada, sen apenas armas ou mal armada, tentou defenderse.

Por desgraza imperou o criterio legalista e inxenuo das autoridades: non armar ao pobo traballador. Os falanxistas rápidamente medraron como o que eran: matóns útiles da oligarquía, perfectamente organizados coa axuda inicial da importante comunidade nazi articulada polo Consulado e o “Cable” alemán.

Durante a nosa longa noite de pedra o criminal réxime instaurado polo franquismo continuou exercendo máis de 40 anos de xenocidio intermitente. Mais nunca lograron derrotar a resistencia antifascista.

Tentáronno mediante todos os métodos: asasinando ou encarcerando, dando malleiras e cometendo violacións, depurando mestres. Mediante queimas exemplarizantes de libros, rapando para escarnio público as cabezas de centenares de veciños, incautando bens públicos e privados, pretenderon extirpar da memoria das xeracións que naceron despois de 1936, o legado republicano, apagar do imaxinario colectivo as conquistas e avances democráticos, laborais e sociais.

No exilio, mais tamén no interior dos centros de traballo e barrios da nosa cidade, a resistencia mantivo sempre iluminado o facho da liberdade.

De VIGO ANTIFASCISTA con grande orgullo, queremos honrar porque nos honran, ás mulleres e homes que loitaron por un mundo mellor e que nos fán mellores cos seus exemplos, e esta é a grandeza da Memoria Antifascista: o diálogo que establecemos coas nosas auténticas estrelas, cos nosos heroes e heroínas.

Queremos e debemos recuperalas públicamente. Demostrar o noso profundo amor por aquelas valerosas mulleres antifascistas como Urania Mella, coa que militaba Lola Vieites Moreda, xove víctima no lexendario Bou Eva.

Honrar Heraclio Botana, dirixente do PSOE e presidente da Casa do Pobo, fusilado en Pereiró; Manolito Soler, humillado e perseguido pola hipócrita homofobia promovida polo réxime. Amante Caride, atleta, operario do naval e presidente do Sindicato Agrario de Cabral, paseado polos escuadróns da morte; os combatentes e ampla rede de “enlaces” do destacamento ‘Paco Barreiro’ do Exército Guerrilleiro da Galiza; Mercedes Nuñez, sobrevivinte do holocausto nazi, exiliada durante décadas, e custodia da memoria das víctimas galegas nos campos de exterminio como os vigueses Agustín Cameselle, Manuel Fernández e Ricardo Rodríguez; o Teis rebelde de Moncho Reboiras e Abelardo Collazo; o insurgente setembro da indelével greve geral de 1972; o Vigo proletário da mellor estirpe fabril de Santo Domingo, Barreras, Freire, Vulcano, Reyman, Atiscar, Forjas del Miñor, Censa, Álvarez, Citroën; a xuventude comprometida representada polos inesquecíbeis Xosé Humberto Baena Alonso e José Luis Sánchez-Bravo Solla, os nosos úlltimos fusilados; o Suso Vaamonde da canción protesta, censurado e perseguido por exercer a liberdade de expresión en 1979. Eles e elas representan millares e millares de anónimos vigueses e viguesas, que non se renderon frente á tiranía, que nunca se resignaron nen aceptaron a dictadura franquista.

Temos moito que celebrar, reivindicar e denunciar

Neste 61 aniversario debemos celebrar a gloriosa fazaña do Santa Liberdade. Honrar a Pepe Velo e ao comandante Soutomaior, divulgar a súa Memoria antifascista que é a nosa.

Lembrar tamém é sofrer. Mais é unha boa terapia nestes tempos de pandemia contra o derrotismo e a resignación instalados no pobo traballador galego que, contrariamente ao relato imposto polo franquismo, xamais fomos un pobo pasivo.

Vigo, a nosa querida cidade, a maior metrópole da Galiza, foi sempre unha urbe reivindicativa, solidaria e profundamente antifascista e republicana.

Temos o deber de evitarmos repetir a historia, en similares contextos de crise económica e social. Non concordamos con esa actitude cínica que algúns politólogos e sociólogos definen como «estábeis democracias do odio». O fascismo está medrando de forma organizada, normalizando o seu discurso de odio ante a pasividade social e gobernamental.

O fascismo non ten dereito ao exercicio da liberdade de expresión, porque promove e procura a súa eliminación.

Identificámonos coas palabras de Mario Benedetti: «Imaxinan algúns, que o esquecemento é como un depósito vacío, unha colleita da nada, entre tanto, o esquecemento está cheo de memoria».

Ante a preocupante situación política chegou a hora de manifestar, de escenificar públicamente, a necesidade da unidade de acción antifascista das organizacións, partidos e sindicatos frente a ameaza fascista en todas as súas expresións.

É a mellor homenaxe aos nosos mártires asasinados, á memoria antifascista. Como valor imprescindíbel, nutrinte, substrato subxectivo da historia: Verdade, Xustiza e Reparación.

Na actualidade a nosa cidade segue inzada de rúas con placas e monumentos erguidos para honrar pistoleiros, delatores, colaboracionistas, apoloxetas do franquismo.
Deleznábeis monumentos á barbarie, mantidos e sufragados desde a falsa equidistancia, desde a falsa concordia imposta de maneira espuria polos que queren pasar páxina sen aplicar Verdade, Xustiza e Reparación.

Debemos denunciar a máxima autoridade do Concello de Vigo, que non só non aplica a legalidade vixente, senón que pretende incrementar a simboloxía franquista instalando unha escultura do “Sagrado Corazón de Jesús” no emblemático monte da Guía. Unha sociedade radicalmente civilizada non pode permitir esta burla co noso pasado e o noso futuro.

Suscreben:

1- Agora Galiza-Unidade Popular
2- BNG Comarca de Vigo
3- Causa Galiza
4- CIG Vigo
5- Erguer Galiza
6- GalizaNova Vigo
7- Isca!
8- Local Social Faísca Vigo
9- PCPE- CG
10- PCPG
11- PVLSE
12- Plataforma Antifascista Galega
13- Xavier Moreda. Porta- voz de Vigo Antifascista.
14- Margarita Ledo Andión. Jornalista e escritora, Castro de Rei.
15- Alberto Gonçalves. Secretário comarcal CIG Vigo.
16- Lucio Martínez Pereda. Historiador, Vigo.
17- Antonio Chávez Cuiñas. Escritor, Vigo.
18- Telmo Varela. Eletricista, Vigo.
19- Chus Oliveira Malvar. Catedrática filosofia, Vigo.
20- Paulo Vila. Membro da Plataforma Antifascista Galega, Mós.
21- Pablo Alcántara Pérez. Historiador, Asturias.
22- Xerome Calero. Xestor Cultural, Vigo.
23- Isabel Rei Samartim. Guitarrista, Professora, Investigadora, Compostela.
24- Moisés Vilas Salgueiro. Estudante, Vigo.
25- Xavier Igrexas. Concelheiro BNG Vigo.
26- María Torres. Investigadora dos vigueses nos campos de concentraçom, Vigo.
27- Belén Collazo Parada. Administraçom, Vigo.
28- Oriana Méndez. Concelheira da Marea de Vigo.
29- Rubén Pérez Correa. Concelheiro da Marea de Vigo.
30- Chris Ealham. Historiador Saint Louis University, Madrid.
31- Serafín Otero. Responsável comarcal BNG, Vigo.
32- Bernardo Maiz. Historiador, Ferrol.
33- Xosé M. Álvarez Cáccamo. Escritor, Vigo.
34- J. Manuel Peláez Roperi. Investigador Centro de Estudos de Comunicação, Sociedade da Universidade do Minho, Braga.
35- Santi Veloso Alonso. Profissional de atençom socio-sanitária no eido de discapacidade, Vigo.
36- Unai Aranzadi. Director Independent docs, Euskadi.
37- Víctor Costas Moreira. Estudante Cinema e Filosofia, Vigo.
38- Anxo Padín. Coordenador de Memoria Antifascista de Nueva Revolución, Vigo.
39- Martín Rodrigo i Alharilla. Historiador i Professor d’historia contemporánea. Catalunha.
40- Eva Pallas Figueira. Cocinheira, Vigo.
41- Suso de Toro. Escritor, Compostela.
42- Xan Leira. Documentarista, Vigo.
43- Manuel Forcadela. Escritor, Vigo.
44- Germán Costas Fernández. Eletricista, Vigo.
45- Óscar Álvarez Gila. Historiador, Euzkadi.
46- David Rodríguez. Escritor, Vigo.
47- Luis de Guezala. Historiador, Euzkadi.
48- Eduardo Martín. Foro de la Memoria de Zamora.
49- Mariano de Miguel. Docente de geografia e história.
50- Xosé Antón Corderí Rodríguez. Professor.
51-Fran Fernández. Sr. Nadie, desenhador gráfico, Vigo.
52- José Vieira. Economista, Moanha.
53- Margarita Ibáñez Tarín. Historiadora, Professora IES Valencia.
54- Leonardo Fernández Goberna. Artista, Vigo.
55- Montserrat Moreda. Memoria Moreda Outeiral, Bilbao.
56- Mikel Lorenzo Arza. Professor de literatura Vilanova University, Philadelphia.
57- Amante Caride Pérez. Guia, intérprete, Vigo.
58- Xerardo Santomé. Músico, Vigo.
59- José María Sánchez Jáuregui. Docente, Melilla.
60- Luis Javier Pérez Pérez. Ciencias de la Información, Bilbao, Euzkadi.
61- Carlos Morais. Historiador, Compostela.
62- Xurxo Fernández. Engenheiro, Goiam.
63- Kaixo. Músico, Vigo.
64- Iria Moreiras. Mestra, Compostela.
65- José Antonio Cortés Avellano. Músico, blogueiro, Badajoz y la guerra (in)civil.
66- Rosa Veloso. Funcionária, administraçom do Estado.
67- Fernando Hernández Sánchez. Historiador, Madrid.
68- Uxío Noceda. Protésico dental, Jeréz.
69- Ángel Luis Lopez Villaverde. Historiador, neto de Mestre republicano fusilado, Almagro.
70- Angel Riveiros Martínez. Filho de exiliada e neto de fusilado em Vigo.
71- Guillermo Herrero Aymerich. Restaurador, Xantana, Vigo.
72- Carlos Baños. Maquinista, Hoteleiro, Vigo.
73- Juan Teixeira. Fotógrafo e jornalista, Vigo.
74- Noé Almeida. Repartidor, Vigo.
75- Antonio Domínguez. Economista, Vigo.
76- Juan Labarroca. Jornalista, Vigo.
77- José María Prado López. Eletricista, Vigo.
78- M. Cristina Fradeira Carrera. Secretária, Vigo.
79- Alejandro Morales Pérez. Integrador social, Vigo.
80- Cris Coppini. Antifascista, Santander/ Barcelona.
81- Julio Souto Sánchez. Pensionista, Mós.
82- Rebeldía Galicia. Associaçom Juvenil.
83- Diego Álvarez Fernández, Estudante, Vigo.
84- Luis Chapela Bermúdez. Presidente da Asociación Cultural Irmandade do Dolmen.
85- Elvira grande. Jubilada.
86- Giovanna Moreda Garcia. Maquilhadora.
87- Paulo Peres Lago. Membro do CAL (Comité Antifascista da Lourinha), Mós.
88- Ricard Jiménez Ruiz. Jornalista.
89- José M. Gonzalez Alonso.
90- David Pichel Freiría. Sexshopero, Mondariz.
91- Segundo González González. Jubilado.
92- Raquel Pérez Fernández. Sindicalista.
93- Luis Santamarina. Músico e Administrativo, Vigo.
94- Mara Esperanza Lorenzo, operária textil.
95- Ester Troncoso Blanco. Ediçom digital, Mondariz.
96- Javier Fernández Ferrero. Director de Contrainformacion.es, Fundador de Nuevarevolucion.es y Gestor de Spanish Revolution S.L.
97- Daniel Seixo Paz. Jornalista.
98- Ana Belén Moreda Rodriguez. Professora e bisneta de fusilado.
99- Hernán Tiseyra.
100- Cristóbal López. Trabalhador por conta própria. Mós.
101- Anticapitalistas Galiza.
102- Xaquín Pastoriza Cerviño. Professor de história, Vigo.
103- Xosé Antón Corderí Rodríguez. Professor.
104- Luis Esperanza.
105- Rebeca Castiñeiras Varela. Historiadora da arte, Compostela.
106- Ana Belén Gil Martínez. Profissional na atençom socio-sanitária para pessoas dependentes em instituçons no eido da discapacidade e 3ª idade
107- Manuel Igrexas. Professor e historiador.
108- Rosa Del Cerro Moyan. Auxiliar de control e informaçom.
109- Abraám Alonso Pinheiro. Soldador.
110- Rexina Vega.
111- Tinho Gil Fernández. Operário.
112- Víctor Oia Francisco. Operário automoçom.
113- Estudantes Antifascistas.
114- Henrique Hervés Sayar. Docente e historiador, Lugo.
115- Francisco Xabier Cerqueira Villarroel. Trabalhador de obradoiro, Vigo.
116- Anjo Formoso Varela, membro de Estudantes Antifascistas.
117- Olga Novo. Docente, A Pobra do Brollón.
118- Jorge Perez. Técnico de Son.
119- Hixinio Araúxo Feixóo. Trabalhador Arqueologia.
120- Alexandre Comesaña. Responsável logística.
121- Pablo Sánchez Martínez. Historiador.
122- Juantxo Sánchez Losada. Ferroviário.
123- Arturo Peinado. Presidente Federación Estatal de Foros por la Memoria.
124- Juan Jesús Molina Ruiz Madrid.
125- Emilio Sales Almazán. Jubilado.
126- Foro por la Memoria de Toledo. Talavera de la R.
127- Anjo P. Amenedo. Membro de DN de Agora Galiza-UP.
128- Juan López Páez. Biólogo.
129- Celia Inés Feijoo Soto. Mestra jubilada.
130- Carlos Bielsa Martín. Funcionário local jubilado.
131- Maria Pía Piacentini. Administrativa.
132- Waldo Salvarrey García. Jubilado, Santander
133- Aniceto Prieto Barrientos. Educador.
134- Antón Arias Curto. Independentista, Vigo.
135- Josefina Trujillo Fernández.Trabalhadora social.
136- Miguel Nicolás Aparicio.
137- Rebeca Vanesa Bravo Domingo.
138- Alberto Pérez Alonso. Educador.
139- Javier Pereira Dominguez. Hoteleiro.
140- Javier Losada García. Empresa.
141- Ánel Calvo Ulloa. Crítico de arte.
142- Tono Carbajo. Artista visual.
143- José Manuel Pazos Riveiro. Jubilado.
144- AMH Los Barracones. Bustarviejo, Madrid.
145- Colectivo Republicano Antonio Machado de Segovia.
146- Ciudadanos por la República de Cuenca.
147- Plataforma Ciudadana de Cantabria por la III República.
148- Dionisio Pereira. Historiador.
149- Vanesa Sigüeiro.
150- Xosé Collazo Castro. Membro da Direçom Nacional do PCPG, Moanha.
151- Paulo Lopes Guterres.
152- Ángel del Río, Antropólogo social.
153- Carlos Magán, Agente artístico, Vigo.
154- Braúlio Amaro.
155- Antonio Ricón Rodriguez. Docente.
156- Pedro Vila Táboas. Trabalhador, Vigo.
157- Catonio Rodríguez Rivera. Mestre jubilado.
158- Alexandre Negro Pérez. Operário.
159- Obdulia Veiga Román. Jubilada.
160- María Verbo López. Livreira e filósofa. Consuegra (La Mancha) – Vigo.
161- Ivan Rial. Operário. Mós.
162- Igor Calvo Alonso. Fotógrafo.
163- Carlos ríos. Trabalhador administraçom pública.
164- Carme Carral Corbacho. Ensino.
165- Fausto López Salgado. Professor de história.
166- Santiago Rodriguez Seijo. Técnico revissom ERA. Mós.
167- Uxía Martínez Fernández. Professora de história, Vigo.

Para subscribir o manifesto, fai clic aquí

Síguenos en redes sociales… Facebook: LoQueSomos Twitter: @LQSomos Telegram: LoQueSomosWeb Instagram: LoQueSomos

Deja un comentario

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar