Non se poden dar tantas facilidades aos Franco para que sigan roubando

Agencia Mp3*. LQS. Diciembre 2020

Difundimos nota de prensa contendo a avaliación de Defensa do Común sobre a retirada de mobiliario por parte da familia Franco da Casa Cornide

Como lembraredes, Defensa do Común leva protagonizando diversos actos institucionais (textos de moción aprobados instando ao Concello a axilizar os tramites para a catalogación do inmoble como BIC) e tamén lúdico-reivindicativos, o último, ben recente, no que o xornalista e escritor, Manuel Rivas, deu leitura a un manifesto reivindicativo suscrito por diversas entidades de carácter político, sindical, veciñal, cultural e recreativo…

Non se poden dar tantas facilidades aos Franco para que sigan roubando

Non se pode manter con rúas e distincións aos testaferros do ditador Franco e organizadores do robubo do Pazo de Meirás e Casa Cornide: Pedro Barrié, Alfonso Molina e Sergio Peñamaría

Desde Defensa do Común recibimos información da veciñanza da Cidade Vella, que viron varias furgonetas retirando obxectos da Case Cornide.

É un feito moi grave porque pretenden facer na Casa Cornide o mesmo que querían facer no Pazo de Meirás: levarse de alí todo o que puidesn antes de entregar as chaves. É o clásico procedemento dalgúns okupas. Afortunadamente, a vixiancia da Guarda Civil e da Policía e a decisión do propio xulgado, impedindo a retirada de obxectos de Meirás, abortaron un novo roubo.

Estamos ante uns ladróns profesionais e non se poden dar tantas facilidades, tardando meses e meses en aprobar a declaración de Ben de Interese Cultura (BIC). Os Franco saben que a declaración de BIC dificulta a súa venda e saben que desde ese día non poderán retirar obxectos da Casa Cornide, sen previa autorización. Adiántanse e preséntanse con furgonetas antes de que culmine o proceso de declaración de BIC.

Defensa do Común, que xa organizou dúas Marchas Cívicas, apoiadas por numerosas entidades da Coruña, convocará un acto cívico o domingo 27 de decembro ás 12,30 diante da Casa Cornide con catro obxectivos:

1. Repudiar a actuación da familia do ditador Franco por este espolio continuado.
2. Que por parte do concello da Coruña se presente a correspondente denuncia no Xulgado para investigar se foron retirados obxectos da Casa Cornide nos últimos días.
3. Esixir que se acelere a declaración de BIC
4. Cumprimento do acordo plenario e que no prazo dun mes se convoque a Comisión Municipal da Memoria Democrática para retirar as rúas e distincións aos principais organizadores, auténticos testaferros de Franco, dos roubos ao patrimonio público do pazo de Meirás e da Casa Cornide: Pedro Barrié, Alfoonso Molina e Sergio Peñamaría.

* Defensa do Común
A Coruña, 22-12-2020

#QueNosDevolvanORoubado #FranquismoNuncaMáis #CasaCornide #FranquismoPostFranco

Casa Cornide ¡O franquismo nunca máis!
Sábado 7: Marcha Cívica
Marcha pola devolución da Casa Cornide na Coruña
A Coruña. Pola devolución da Casa Cornide
Desde O Parrote non se ve o mar

Galiza – LoQueSomos

Síguenos en Facebook: LoQueSomos Twitter@LQSomos Telegram: LoQueSomosWeb Instagram: LoQueSomos

Deja un comentario

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar