O 90º aniversario: Non queremos monarquía Galiza pola República

Agencia Mp3. LQS. Abril 2021

Máis de 70 entidades de toda galiza apoian o manifesto. Non queremos monarquía. Galiza pola República
Nota de prensa:

O 90º aniversario (1931-2021) da caída da monarquía, despois das eleccións municipais do 12 de abril de 1931 e da proclamación da República, non podía pasar desapercibido. Por iso máis de 70 entidades de toda Galiza apoian o manifesto que axuntamos: Organizacións políticas como Anova, BNG, Cerna, Compromiso por Galiza, Corrente Vermella, Equo, PCE-ml, Agora Galiza-UP, Marea Atlántica, Podemos, Unión Republicana, Sada Maioría, Compostela Aberta, Ferrol en Común; a CIG, principal forza sindical de Galiza; organizacións da mocidade como Galiza Nova, Isca, XCG, Estudantes Antifascistas, Mocidade pola Independencia; entidades culturais e centros sociais da Coruña, Culleredo, Oleiros, Sada, Santiago, Teo, Ribeira, Ordes, Agolada, Val do Limia, Vigo, Ferrol, Vilagarcía, Cerdedo-Cotobade, Marín, O Grove, A Estrada, O Deza, Mos, Cangas, Valga, Pontevedra; entidades memorialistas e republicanas como Iniciativa Galega pola Memoria, Memoria da Mariña, Asemblea Republicana de Vigo, Ateneo Republicano de Valedorras, Colectivo Republicano de Redondela, Amigos da República de Ourense; fundacións como Fundación Moncho Reboiras, Fundación Galiza Sempre, Fundación Alexandre Bóveda, etc.

Con un clic sobre la imagen la amplias

O manifesto é un bo exemplo de que en Galiza é posíbel a unidade pola república e podería ser unha experiencia válida para o conxunto do Estado. Sinala o manifesto: “Cómpre unir forzas para acabar coa monarquía, dentro da pluralidade, respectando distintos obxectivos estratéxicos que poidan situar a Galiza no marco dunha República Federal; aqueles que están a prol dun República Galega, ben dentro dunha República Confederal ou como Estado independente, ou as que están por unha República Ibérica con Portugal”.

Fai unha lembranza da actuación e discursos do rey Juan Carlos: “Nunca condenou a ditadura franquista, xustificaba a sublevación contra a democracia e nas súas manifestacións públicas falaba da ´legitimidad política surgida el 18 de julio de 1936´; manifestaba ´respeto y gratitud a nuestro Generalísimo Franco´, rendía ´homenaje a su memoria´”, falaba do ´patriotismo´ e ´cualidades humanas´ do ditador, a quen cualificaba como ´figura excepcional´, ´gran figura de nuestra historia´, ´ejemplo único de amor a España´. Juan Carlos sempre manifestou ´un gran afecto y una gran admiración´ polo ditador Franco. No decreto que concedía á familia do ditador os títulos títulos nobiliarios de Ducado de Franco e Señorío de Meirás, Juan Carlos cualificaba como ´gloriosa etapa histórica de nuestra patria´ os 40 anos de ditadura”.

Explica a orixe da actual monarquía: “O ditador Franco, que encabezou en 1936 o levantamento militar e fascista contra a democracia, nomeou a Juan Carlos como o seu sucesor en 1969 “para que todo quede atado y bien atado para el futuro”. A monarquía actual é, polo tanto, herdeira do franquismo, daqueles que deron un golpe de Estado contra a República constitucional, elixida nunhas eleccións democráticas”.

Presta especial atención á corrupción da monarquía: “Queremos que sexa xulgado por todos os posíbeis delitos cometidos antes de 2014, cando abdica, e despois de 2014. Que Juan Carlos Borbón reembolse ao patrimonio do Estado as partidas económicas que recibiu con cargo ao orzamento da Casa do Rei desde 2008. Que unha Comisión do Congreso dos Deputados investigue os ingresos do rei emérito en concepto de comisións e outras actividades económicas durante o seu reinado; os bens e patrimonio de todos os membros da Familia Real, así como as contas nos bancos. Cada día aparecen novos casos de corrupción da monarquía e aumenta o rexeitamento social: cobro de comisións, fundacións e contas no estranxeiro, tarxetas opacas, fraude fiscal, branqueo de capitais, maletíns de diñeiro que se ingresan en contas de testaferros, doazóns e préstamos de dubidosa procedencia. Todo isto coa permisividade do Goberno a través da Fiscalía e da Axencia Tributaria, que facilitan unhas chamadas regularizacións fiscais que non teñen outro obxectivo que evitar as repercusións penais dos presuntos delitos”.

Fai referencia a que a cidadanía poida decidir nun referendo sobre monarquía ou república: “Estamos a prol da ruptura democrática e queremos decidir sobre o noso futuro como pobo. Partindo desa realidade plurinacional, do recoñecemento da soberanía da nación galega e o seu dereito democrático a decidir, estamos pola convocatoria dun referendo consultivo para que a cidadanía poida decidir sobre o modelo político e institucional e escoller a forma de Estado: monarquía ou república. Coa celebración dese referendo iniciaranse procesos constituíntes que recoñezan o dereito de autodeterminación ás nacións que integra hoxe o Estado español.

Acaba o manifesto facendo una chamamento “ás organizacións políticas, sindicais, fundacións e todo tipo de asociacións e entidades da nosa nación para a constitución de grupos territoriais de Galiza pola República e a creación dunha Rede de Concellos Galegos pola República”.

Lea o manifesto completo, PDF, faga clic aquí

 Acto da Coruña: martes, 13 de abril, ás 19,30 horas no Obelisco (Cantón Grande da Coruña), convocado por 27 entidades da comarca.

Tiempo de libertad: sin rey, sin reinoSíguenos en redes sociales… Facebook: LoQueSomos Twitter: @LQSomos Telegram: LoQueSomosWeb Instagram: LoQueSomos

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar