Significados franquistas poden perder as rúas e distincións na Coruña

Por Manuel Monge*. LQSomos.

Cando é público un informe para a eliminación da simboloxía franquista na Coruña (1ª fase) encargado polo Consello Municipal da Memoria Democrática, e secuestrado polo goberno municipal da Coruña durante un ano, hai unha especie de alarma xeral nos poderes fácticos da cidade porque podemos estar no inicio dun proceso realmente “revolucionario”. Por primeira vez poden cualificarse como significados franquistas, servidores da ditadura ou participantes na represión despois da sublevación fascista de 18 de xullo de 1936 contra o goberno lexítimo e democrático da República, entre outros, a Pedro Barrié de la Maza, Alfonso Molina Brandao e Sergio Peñamaría de Llano, que estaban considerados como benfeitores e coruñeses exemplares.

Para parar este terremoto informativo a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, fixo unhas declaracións de urxencia: “El PSOE ha tenido y tiene un compromiso con la memoria democrática de este país y con la reparación a las víctimas olvidadas de la Guerra Civil desde la aprobación de la ley por el Gobierno de José Luis Rodríguez Zapatero”. Sinalaba tamén a alcaldesa que o seu compromiso “es innegable” e que “este es un informe más, y no quiere decir que se vaya a implementar todos sus consejos, sino que habrá que estudiar con rigor histórico y legal las medidas a tomar”.

Non é un informe máis porque é o encargado polo citado Consello Municipal da Memoria Democrática ao Instituto Cornide de Estudos Coruñeses. Ten “rigor histórico” porque está coordinado, entre outros, por Ana Romero e Luis Lamela, historiadoras de recoñecido prestixio, que xa participaron na chamada Comisión de Expertos que elaboramos, por unanimidade, un informe para eliminar 52 símbolos franquistas en 2009.

Difundo a información que axunto, porque vivín esta historia en primeira persoa como concelleiro do BNG (2003-2007) e desde 2004 até hoxe como membro da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, e porque creo que a cidadanía ten dereito a coñecer a historia da Coruña e cada organización política debe asumir a súa historia e os seus actos. Por iso difundo o texto sobre o PSOE da Coruña e a simboloxía franquista, que xa publiquei en 2010 no meu libro “A Historia Secuestrada polo franquismo” (Edicións Laiovento).

Axunto tamén a relación dos 145 restos do franquismo na Coruña (108 dependen do concello da Coruña, e 37 da Deputación), que fixo público a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña en xullo de 2021.

Ler: Recuperando a memoria histórica O PSOE DA CORUÑAE A SIMBOLOXÍA FRANQUISTA, clic aquí
Ler: SIMBOLOXÍA FRANQUISTA (108) NO CONCELLO DA CORUÑA, clic aquí

* Manuel Monge, sociólogo, membro da CRMH da Coruña e autor do libro “Os restos do franquismo en Galiza” (Laiovento 2020)
Máis artigos do autor

Síguenos en redes sociales… Facebook: LoQueSomos Twitter: @LQSomos Telegram: LoQueSomosWeb Instagram: LoQueSomos

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar