Xunta: agochar os crimes do franquismo

Xunta: agochar os crimes do franquismo

IGM*. LQS. Diciembre 2020

A IGM considera “sangrante” que a Xunta utilice a figura de Emilia Pardo Bazán para tratar de agochar os crimes do franquismo

Denuncia que quere facer como en San Simón, que deixou de ser illa da memoria co pretexto de crear un espazo para “o pensamento e á poesía” que ao final se converteu nun parque de atraccións onde a memoria fica desaparecida.

A plataforma cre que a mellor homenaxe que se lle pode facer á escritora feminista é denunciar os abusos dun réxime patriarcal e aniquilador dos dereitos da muller.

A Iniciativa Galega pola Memoria considera “sangrante” que a Xunta de Galicia utilice a figura de Emilia Pardo Bazán para afastar de Meirás a memoria das vítimas, “nun novo intento de agochar os crimes franquistas, nesta ocasión baixo o perverso pretexto de apoiar dúas causas tan loables como o feminismo e a literatura galega, polas que, ademais, ata o de agora, non amosara demasiado interese”.

A plataforma, que engloba a asociacións memorialísticas de todo o país, cre que o plan de usos presentado onte agocha un novo intento do goberno do Partido Popular por baleirar de significado un dos espazos máis simbólicos para a loita antifascista galega, como xa fixera coa illa de San Simón. Lembra que “cando Núñez Feijóo chegou ao goberno desmantelou o proxecto da ‘illa da memoria’ co pretexto de crear un espazo destinado ao ‘pensamento’ e mesmo á poesía, mais en realidade o que fixo foi converter o Lazareto nun parque de atraccións onde se realiza calquera actividade agás as destinadas á memoria, que practicamente se limitan a un acto ao ano e porque o organizamos desde as asociacións”.

Desta volta, denuncian, hai unha nova tentativa de utilizar a traxectoria de Emilia Pardo Bazán e a defensa da igualdade para anular a evidente relación de Meirás coa loita do pobo galego en pro da memoria histórica: “É unha proposta trampa para usar de forma perversa a escritora e a loita feminista en pro da igualdade –dos propósitos loábeis que nunca lle preocuparan a este goberno- para afastar a memoria de Meirás. Todos lles vale, primeiro foi a Illa do pensamento, dos poetas, dos piratas, de calquera cousa menos da memoria, e agora é o faro de Pardo Bazán, do feminismo, da igualdade, da literatura, da escritura, de calquera cousa menos do que realmente é: un símbolo do espolio fascista e da loita contra a impunidade”.

Entende a IGM que a mellor homenaxe que se lle pode facer á Emilia Pardo Bazán é precisamente denunciar un réxime patriarcal e aniquilador dos dereitos das mulleres como foi o franquista, e condenar un golpe de Estado que volveu relegar as mulleres ao papel de nais e esposas cando precisamente estaban empezando a adquirir dereitos como cidadás.

* Iniciativa Galega pola Memoria
Galiza – LoQueSomos

Síguenos en Facebook: LoQueSomos Twitter: @LQSomos Telegram: LoQueSomosWeb Instagram: LoQueSomos

LQSomos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar