A Coruña: I Xornadas contra o terrorismo patronal

O 26 de marzo de 2022, por aforrar uns miserables euros, Nervión (a subcontrata para a que traballaba Unai), a exixencia de Repsol, obrigou a Unai e ao seu compañeiro a realizar un traballo programado para outro día por outra empresa. Sen equipos de respiración autónoma nin protección, mandáronos abrir unhas tapas dunha canalización. Ao facelo, Unai recibiu un impacto mortal de ácido sulfhídrico, esvaéndose no chan e falecendo tres días despois no hospital.
A refinaría non tiña ambulancia nin servizo médico, e foron os seus propios compañeiros quen lle prestaron os primeiros auxilios. Para colmo, os sindicatos, agás a CIG, asinaron a declaración de Repsol, culpando aos traballadores do “accidente”.
Unai non era un inexperto; tiña anos de experiencia en refinarías do Estado Español e Portugal. Non podemos permitir que o seu asasinato fique impune!
A Plataforma Xustiza para Unai xorde para loitar contra a impunidade dos crimes laborais. Esta é unha loita xusta e necesaria, porque nos vai a vida nela. Somos profundamente antifascistas e orgullámonos de formar parte do movemento obreiro e popular.
Chamamos á solidariedade da clase obreira para que a súa voz se una á nosa e berrar xunt@s:
Xustiza para Unai!
Contra o terrorismo patronal, loita obreira e popular! Morte ao capital!
* Podes atoparnos en:
Instagram: @xustizaparaunai
Facebook: Xustiza para Unai
Twitter: @Xustiza ParaUnai
Comparte este artículo, tus amig@s lo agradecerán…
Mastodon: @LQSomos@nobigtech.es; Bluesky: LQSomos;
Telegram: LoQueSomosWeb; Twitter (X): @LQSomos;
Facebook: LoQueSomos; Instagram: LoQueSomos;