A Coruña. Pola devolución da Casa Cornide

Agencia Mp3*. LQS. Julio 2020

Defensa do común impulsará unha mobilización cívica pola devolución da Casa Cornide. Defensa do Común convoca una movilización para la devolución de la Casa Cornide

A xunta directiva de Defensa do Común acordou na súa reunión de 13 de xullo impulsar unha mobilización cívica para a recuperación da Casa Cornide para o patrimonio da Coruña.

Defensa do Común acordó en su reunión del lunes impulsar una movilización cívica para la recuperación de la Casa Cornide al patrimonio coruñés. El colectivo entiende que es «fundamental incrementar la información para que la ciudadanía sepa cómo se hizo la familia Franco con la Casa Cornide». Defensa do Común convocará la próxima semana a diversas entidades para organizar la movilización

Independentemente das actuacións a nivel institucional que se poidan impulsar desde o concello da Coruña, Defensa do Común considera fundamental incrementar a información para que a cidadanía coñeza como se fixo a familia Franco coa Casa Cornide e que sexa esa cidadanía a auténtica protagonista desa recuperación dun edificio emblemático, que sempre tivo un uso público.

A Casa Cornide forma parte, o mesmo que o pazo de Meirás, do espolio ou roubo da familia Franco, utilizando a significados franquistas ao servizo do ditador e da súa familia.

Se hai unanimidade en todas as forzas políticas do Parlamento Galego para reivindicar a devolución do pazo de Meirás e da Casa Cornide ao patrimonio público, non ten ningún sentido que os organizadores dese roubo teñan un recoñecemento social a través de rúas, retratos, placas e todo tipo de distincións, que aínda conservan: Pedro Barrié de la Maza, Alfonso Molina e Sergio Peñamaría de Llano.

Defensa do Común convocará a entidades de todo tipo a unha reunión a próxima semana para concretar que tipo de mobilización e cando se realizará.

O mesmo que cando se convocou unha gran manifestación, a iniciativa de Defensa do Común, en contra da privatización dos terreos dos peiraos do porto da Coruña e para que a cidade non pagase as débedas pola construción do Porto Exterior, esperamos que o pleno municipal apoie esta mobilización cívica.

* Defensa do Común

Desde O Parrote non se ve o mar

Galiza – LoQueSomos

Síguenos en Facebook: LoQueSomos Twitter@LQSomos Telegram: LoQueSomosWeb Instagram: LoQueSomos

Deja un comentario

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar