A Coruña: Quinto Roteiro da vergoña

A Coruña: Quinto Roteiro da vergoña

Agencia Mp3. LQSomos.

Sábado, 2 de outubro, ás 12 horas, con saída da rúa Alcalde Liaño Flores da Coruña (confluencia con rolda de outeiro)

Acabemos cos restos do franquismo!

O roteiro está convocado pola Comisión pola Recuepración da Memoria Histórica da Coruña (CRMH), coa colaboración da Asociación Veciñal da Agra do Orzán e a Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña e será presentado por Xurxo Souto e Isabel Risco. O gaiteiro Raúl Gallego acompañará toda a marcha.

No Roteiro colocaremos as seguintes rúas alternativas:

Peñamaría de Llano será substituída por Mártires de Valdeorras, como reparación ás vítimas da represión fascista nesta comarca pola bandeira da lexión, comandada polo tenente Peñamaría.

Liaño Flores por Mártires do Portiño, lembrando ás 19 persoas asasinadas na fuga do Portiño en marzo de 1937.

Jaime Hervada por Arturo Meirás Martínez, de 24 anos, do Sindicato de Hojalateros da CNT, boxeador afeccionado. Paseado en Bastiagueiro o 13 de novembro de 1936.

Salorio Suárez por José Boedo López, canteiro, militante da CNT, fundador do Ateneo Libertario El Resplandor en el Abismo da Silva. Paseado na Coruña o 19 de agosto de 1936. Pai do cantante José “Pucho” Boedo Núñez e de José Antonio Boedo Núñez, participante na fuga do Portiño e fusilado o 11 de setembro de 1937.

Os familiares das vítimas do franquismo terán un protagonismo especial. Confirmaron a súa asistencia familiares de Francisco Díaz Moreno, así como os sobriños de Arturo Meirás e de Alejandro Dopico Saleta. Raquel Boedo, filla de José “Pucho” Boedo Núñez xa enviou un texto para ler. Esta familia foi particularmente represaliada porque foron asasinados o seu avó, José Boedo López e José Antonio, irmán de Pucho. Tamén contaremos coa emocionante carta que enviou Federico Rivadulla Rivero “Iquiño” desde o cárcere.

Persoas da Asociación Veciñal da Agra, historiadores e referencias do movemento memorialista participarán na lectura dos textos explicativos das biografías dos alcaldes da ditadura e das persoas que levarán o nome das rúa alternativas.

Está confirmado que no Roteiro participará algún concelleiro da corporación municipal do Barco de Valdeorras, alcaldía do PSOE. Despois de coñecer a represión franquista na zona en 1939, aprobaba por unanimidade (PSOE, PP, BNG e Riada Cidadá) o 3 de outubro de 2019 unha moción na que “informa ao Concello da Coruña sobre os feitos acaecidos ao remate da guerra civil en terras de Valdeorras e nos que participou o tenente da Lexión Sergio Peñamaría de Llano, aos efectos de que, en caso de iniciar algún procedemento relacionado coa Lei de Memoria Histórica (Lei 52/2007 de 26 de decembro), sexan tidos en conta, e así, en concordancia coa devandita Lei, contribúan a promover a reparación moral da veciñanza da comarca de Valdeorras e a recuperar a súa dignidade”.

Nos próximos meses a CRMH organizará novos roteiros e espera acabar con este vergoñento “record” da Coruña con 108 restos do franquismo; as rúas, retratos, distincións, placas, monólitos etc de alcaldes da ditadura suman 30.

Por favor, difunde o cartaz da convocatoria, así como a información axunta que xustifica o cambio de nome destas catro rúas de alcaldes na ditadura.

VÉMONOS! Verdade, Xustiza, Reparación.

Galiza – LoQueSomos

Síguenos en redes sociales… Mastodon: @LQSomos@nobigtech.es Diaspora*: lqsomos@wk3.org Telegram: LoQueSomosWeb Twitter: @LQSomos Facebook: LoQueSomos Instagram: LoQueSomos

LQSomos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar