A Coruña: parar los pies a la Fundación Franco

A Coruña: parar los pies a la Fundación Franco

Redacción*. LQSomos. Agosto 2017

La Comisión para la Recuperación de la Memoria Histórica de A Coruña (CRMH) reclama al Parlamento de Galiza una firme condena al “negacionismo” del franquismo.
La CRMH considera que ha llegado el momento de que las instituciones democráticas “Paren los pies” a la Fundación Francisco Franco, y no solamente emitan declaraciones… sino que se pongan a emitir leyes que garanticen la Verdad, la Justicia y la Reparación a las víctimas.

A Coruña, 31 de xullo de 2017
Nota de prensa:
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) solicita o amparo das institucións democráticas do país, nomeadamente do Parlamento galego como órgano máximo da expresión da vontade do pobo e reclama del unha condena firme do negacionismo que protexe os ilexítimos intereses da familia Franco en Meirás, encabezado pola Fundación Francisco Franco.

Esta entidade, de non disimulado carácter fascista e práctica antidemocrática, vén de emitir hoxe un comunicado no que repite as mentiras do relato totalitario do golpe de Estado do 36 e respecto do que foi espolio de Meirás.

Non se trata aquí de entrar nunha discusión inútil con quen minte e deturpa a historia insultando e desprezando ás vítimas do franquismo e a toda a tradición democrática que, afortunadamente, está ben asentada no país. Non é posíbel facelo con quen ve na xestión das visitas ao Pazo “una excelente oportunidad para mostrar al gran público la grandezade la figura de Francisco Franco”.

O que pretendemos é reclamar a atención das institucións, e tamén dos medios de comunicación, respecto dunhas actitudes que fan parte dun intento de socavar a democracia e mesmo alentan unha reacción totalitaria diante da crise do sistema institucional español. Chamamos a esas institucións e a todas as forzas políticas que as sosteñen a abandonar a ambigüidade es os medos para que elaboren leis que garantan a verdade, a xustiza e a reparación das vítimas e lle paren os pés ao negacionismo.

Non é tempo de ser inxenuos ou pusilánimes diante de manifestacións como as da Fundación Franco. Non hai nada de inxenuo nese relato que converten aos verdugos en vítimas e que pretende crear un clima social de malestar. Estámolo vendo ultimamente nas rúas da Coruña, hai uns meses co ataque a un exposición sobre a historia do movemento obreiro na cidade, onte mesmo cun ataque ao local do BNG.

Defendámonos pacíficamente con toda a forza da democracia na que acreditamos porque coñecemos e comprendemos a verdade histórica.

* Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña
#MeirásParaOPobo
Notas relacionadas:
En Marea insta ao PP a que “se poña ao lado dos demócratas” e apoie a cesión pública do Pazo de Meirás
O BNG leva ao Parlamento o disparate de que sexa a Fundación Franco quen xestione o Pazo de Meirás
El Concello de Sada quiere gestionar las visitas al Pazo de Meirás
La Fundación Franco advierte de que utilizará el Pazo de Meirás para elogiar la “grandeza” del dictador

Bego

One thought on “A Coruña: parar los pies a la Fundación Franco

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar