Galiza pola República NON QUEREMOS MONARQUÍA

Galiza pola República NON QUEREMOS MONARQUÍA

Agencia Mp3*. LQS. Julio 2020

NOTA DE PRENSA*:

NON QUEREMOS MONARQUÍA

Despois de coñecer que o rei emérito Juan Carlos I levaba persoalmente un maletín con millóns de euros para ingresar na banca suíza, como recoñecía o seu propio fillo Felipe VI, Galiza pola República, plataforma creada na Coruña hai un ano, integrada por 25 entidades, inicia a campaña NON QUEREMOS MONARQUÍA.

Consideramos que Juan Carlos I podería ser xulgado polos presuntos delitos de branqueo de capitais e fraude fiscal, segundo o sindicato de funcionarios de Facenda. Estamos ante unha situación insólita en calquera país democrático: un xefe do estado que utiliza o seu cargo institucional para o enriquecemento persoal a través do cobro de comisións.

GALIZA POLA REPÚBLICA inicia unha campaña informativa, lembrando feitos históricos relacionados coa monarquía:

JUAN CARLOS BORBÓN FOI NOMEADO POLO DITADOR FRANCO EN 1969 COMO O SEU SUCESOR NA XEFATURA DE ESTADO “PARA QUE TODO QUEDE ATADO Y BIEN ATADO PARA EL FUTURO”.

XUROU FIDELIDADE AO CAUDILLO E ÁS LEIS DA DITADURA.

FOI O INSPIRADOR DO GOLPE DE ESTADO DO 23-F DE 1981.

JUAN CARLOS ERA O “XEFE” DA TRAMA NÓOS, POLA QUE ESTÁ PRESO IÑAKI URDANGARÍN.

É O MAIOR COMISIONISTA DO REINO: COMPRA DE PETRÓLEO DE ESPAÑA, AVE MEDINA-A MECA.

LEVOU PERSOALMENTE MILLÓNS DE EUROS NUN MALETÍN PARA INGRESAR NA SÚA CONTA NA BANCA SUÍZA.

TEN UNHA FORTUNA DE MÁIS DE 1.500 MILLÓNS DE EUROS.

ESTÁ INVESTIGADO POR EVASIÓN DE CAPITAIS E FRAUDE FISCAL.

Esta información será difundida a través dun cartaz, que adxuntamos, e que estará acompañado dunha foto histórica, auténtica imaxe da Transición: o ditador Franco, Juan Carlos y Felipe no pazo de Meirás en xullo de 1975.

Galiza pola República solicitará a todas as organizacións políticas que rexeiten a corrupción da monarquía e aproben nos concellos e nas institucións a retirada das rúas, distincións, esculturas e retratos do rei Juan Carlos, seguindo o exemplo do Parlamento de Navarra.

A partir de novembro organizará nos concellos da comarca da Coruña e nos barrios unha consulta en urna para que as persoas maiores de 16 anos poidan votar sobre MONARQUÍA/REPÚBLICA.

En relación co xuízo sobre o pazo de Meirás que se inicia o luns, 6 de xullo, as 9 horas na vella Audiencia Provincial na rúa Juan Varela, Galiza pola República apoia a concentración convocada por Iniciativa Galega pola Memoria e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Moitas grazas pola vosa atención.

* GALIZA POLA REPÚBLICA E POLO DEREITO A DECIDIR:
A.C. Alexandre Bóveda, A.C. O Facho, C.S. Gomes Gaioso, Cultura Aberta de Carral, C.S. A Comuna, Acción Antifascista, Anova, BNG, Corrente Vermella, En Marea, Equo, Esquerda Unida, PCG, Podemos, Propolis, Unión Republicana, Galiza Nova, Isca, XCG, Marea Atlántica, Vangarda Obreira, CIG, Compromiso por Galicia, CRMH.

Síguenos en Facebook: LoQueSomos Twitter@LQSomos Telegram: LoQueSomosWeb Instagram: LoQueSomos

LQSomos

One thought on “Galiza pola República NON QUEREMOS MONARQUÍA

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar