Informe: A Coruña, con 141, é a capital da simboloxía franquista
Por Agencia Mp3. LQSomos.
El sociólogo Manuel Monge elaboró una “proposta para un programa de moderno” en la que recoge cómo aplicar la Ley de Memoria Democrática en la ciudad. El documento será entregado al gobierno estatal, a la alcaldía y a los grupos municipales
A Coruña conta con máis de cen símbolos franquistas que non foron retirados, segundo un estudo realizado polo sociólogo e vítima do franquismo, Manuel Monge, presentado nun acto na Asociación Alexandre Bóveda, xunto á súa presidenta, María Xosé Bravo.
En concreto, cifrou en 141 o número de símbolos franquistas na cidade, ao tempo que presentou distintas propostas de programa de goberno neste ámbito, ante a convocatoria das próximas eleccións municipais.
O informe, que será entregado á alcaldesa, Inés Rey, e a todos os grupos municipais, recolle unha relación de 141 símbolos franquistas na cidade, coa “xustificación” da súa eliminación.
Son 30 rúas, 21 retratos, 28 distincións honoríficas; 44 monumentos, placas e escudos; 14 símbolos franquistas en dependencias do Ministerio de Defensa e catro en centros educativos. Tamén alude aos retratos de catro golpistas no consistorio.
“Nalgúns concellos isto xa se superou, non queda rastro”, subliñou Monge, quen denunciou un “incumprimento” da Lei de Memoria Democrática. Por outra banda, afirmou que no seu informe figuran máis de 40 propostas de actuación.
⇒⇒Ler – descargar informe: A eliminación dos símbolos franquistas da Coruña, preme aquí⇐⇐
Comparte este artículo, tus amig@s lo leerán gratis…
Mastodon: @LQSomos@nobigtech.es Telegram: LoQueSomosWeb
Twitter: @LQSomos Facebook: LoQueSomos Instagram: LoQueSomos