Manifesto de solidariedade co@s 12 independentistas galeg@s
Agencia Mp3. LQS. Octubre 2020
Manifesto de solidariedade co@s 12 independentistas galeg@s procesad@s na Audiencia Nacional e coas organizacións Causa Galiza e Ceivar.
En defesa das liberdades democráticas.
MANIFESTO DE SOLIDARIEDADE CO@S 12 INDEPENDENTISTAS GALEG@S PROCESAD@S NA AUDIENCIA NACIONAL E COAS ORGANIZACIÓNS CAUSA GALIZA E CEIVAR
As e os abaixo asinantes, diante do xuízo a 12 persoas vinculadas ás organizacións Causa Galiza e Ceivar os próximos días 19, 20 e 21 na Audiencia Nacional, en Madrid, acusadas de “pertenza a banda criminosa” e “enaltecimento do terrorismo”, queremos expresar o noso rexeitamento a este proceso e a nosa confianza en que se impoña a xustiza e a verdade:
1. Non vemos fundamento real que ampare as acusacións e muito menos as peticións de condena que se solicitan. A expresión de calquera reivindicación e o exercicio de dereitos fundamentais como o da liberdade de expresión para, incluso, cuestionar o propio sistema e o seu ordenamento xurídico, forma parte medular do que se entendería como réxime democrático. Non podemos observar con pasividade o desenvolvemento de operacións de montaxe policial e de impulso de intentos de criminalización e ilegalización de organizacións políticas, independentistas neste caso, porque máis alá do seu obxectivo concreto e próximo, tolerar estas derivas implicaría aceptar o recorte de dereitos e liberdades.
2. As peticións de condena formuladas forman parte fundamental dunha resposta con clara inspiración autoritaria e represiva, inserida lo—-nxe dos valores de tolerancia e liberdade que deben guiar a acción xudicial e fiscal. Pola contra, solicitar penas que suman 102 anos de prisión, con condenas individualizadas que van de 4 a 12 anos, cando en boa parte da argumentación acusatoria non existe fundamento probatorio, parece aproximarse, máis ben, a un intento de amedrentamento e castigo exemplarizantes, algo que xa parece habitual nun tribunal político de excepción deseñado e motivado para a represión política en lugar de para a impartición de xustiza.
3. Consideramos como imperativo que a Audiencia Nacional absolva as persoas encausadas, restituíndo todos os seus dereitos, así como os das organizacións acusadas, ás que se debe restaurar o seu lexítimo dereito á plena intervención pública presente e futura.
4. Ante a inminencia do xuízo e a irracionalidade das peticións da Fiscalía, apoiamos as vias e pronunciamentos que contribúan a evitar encarceramentos e ilegalización de organizacións integradas na actividade política galega desde hai moitos anos. O país precisa de todas aquelas persoas e entidades dispostas a manter vivo o compromiso coa súa defensa, algo que este proceso pretende pór en cuestión.
Apoio coa túa sinatura!!! Asina o manifesto, fai clic aquí
Síguenos en Facebook: LoQueSomos Twitter@LQSomos Telegram: LoQueSomosWeb Instagram: LoQueSomos