Queremos Galego! sae á rúa perante a situación de emerxencia lingüística

Queremos Galego! sae á rúa perante a situación de emerxencia lingüística

Agencia Mp3. LQS. Diciembre 2019

Queremos Galego sae á rúa perante a situación de emerxencia lingüística para esixir que a Xunta e o Estado cumpran coas demandas do Consello de Europa

A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 600 entidades, chama a cidadanía galega a mobilizarse nas sete cidades galegas a quinta feira (xoves) 19 de decembro, ás 20h, en resposta á situación de emerxencia lingüística que amosan con claridade datos como os do IGE e para reclamar que a Xunta cumpra coas demandas realizadas polo Consello de Europa unha vez se fixo público o seu informe onde se constata o retroceso no uso da nosa lingua e se evidencia que a nosa Administración está a exercer unha deixación nas súas funcións de principal promotora do galego, o que se verifica non só no reiterado incumprimento da lexislación en materia lingüística se non tamén, e sobre todo, tal e como indica o Consello de Europa, nas trabas e impedimentos que puxo para potenciar a presenza e normalización da nosa lingua no ensino, onde os datos son especialmente alarmantes.

O lema da convocatoria será Emerxencia lingüística. Precisamos do galego, e terá lugar nas 7 cidades galegas simultaneamente (ás 20h). En Santiago, na Praza do Toural; na Coruña, no Obelisco; en Ferrol, na Praza Amada García (diante da delegación da Xunta); en Lugo e en Ourense, na Praza Maior; en Pontevedra, na Praza da Peregrina; e en Vigo; na Praza da Princesa (a lectura do manifesto correrá a cargo do ilustrador Pepe Carreiro e da poeta Marta da Costa).

Manifesto Concentracións 19 decembro. Perante a emerxencia lingüística Precisamos do galego!

Síguenos en Facebook: LoQueSomos Twitter@LQSomos Telegram: LoQueSomosWeb Instagram: LoQueSomos

LQSomos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar