Indultos

Por Telmo Comesaña Pampillón*. LQSomos.

Como era de esperar os indultos aos presos cataláns convertiu, -outra volta- o Parlamento español nun lugar de enfrontamentos e palabrasgrosas: inssulltos, mentiras, berros e unha vez máis demostración de mala educación ebaixa calidade política.

É descorazonador ver a un home novo (presidente do PP) persoeiro de dudosos títulos e que todo o seu “curriculum“ se fixo na [Cova de Alí-Baba] onde a mentira levou a España a unha guerra, – (Pueden creerme, tengo información fidedigna: En Irak hay armas de destrución masiva) José María Aznar en antena 3 televisión. E esta mentira levounos a unha guerra cando as manifestacións en contra eran do 90 % da cidadanía española.

Detrás viñeron os Zaplana, Rato, e toda a equipa daquel señor de bigote:uns polos cárceres e polas comisión no Parlamento; até hoxendía que é aburrido ver como se espiaban entre eles e elas.

A formaciónde Casado foi avanzada, e por iso mesmo E quén de mentir, insultar, calumniar sin que se lle vexa ben a cara; para iso está a barba.

Non pensaba eu cando empecei este relato que me ía ocupar tanto. O que me alporizou esta mañán foi a letura dunha carta na seción (y tu que opinas? Asinada por Ramiro Sampedro, co titulo, “El colmo de la lógica”.

Quédome só cunhas líneas. -(Sobreos presos políticos –testual- catalanes, se les concede el indulto sin arrepentirse, y además dicen que lo volverán a hacer).

De todo o que teño leído nas páxinas de Opinión, non teño atopado nada que poida dar una razón; unha idea ou algo que se asemelle a entender o problema catalán: só atopo unha presión ultramontana contra o Goberno. Ninguén ten algo que dicir –que ademáis de criticar ó Goberno (En un debate non tan visceral)- déa alguna idea de como resolvelo?.

-No piden perdón!

-E por qué o ían pedir?.

Non mataron, nin meteron xente en Cárceres e Campos de Concentración; non roubaron criaturas, nin abandonaron ás viuvas e aos orfos (non da guerra,sinon dos asesinados despois do Levantamento do 18 de xullo do 1936)

“Perdón”. Si, aconteceu o 15 de outubro do 1977. Reunidas as Cortes no Parlamento , un home, con voz potente e o estilo propio de quén estaba afeito a disfrutar dalgún cargo dictatorial, […La Ley de Amnistía queda aprobada. El perdón para todos los españoles…para que podamos abrazarnos sin Rencor…sin Rencor…]. Eu daquela xa tiña 43 anos e cando reacionei sentín arrepios. Aquel home estabame a perdoar qué?. Os criminais foran eles que serían os que tiñan que pedir perdón. Asociar a vitimas e verdugos nunha Lei de Amnistía é indigno, e mantela hoxe poito peor. Nós, as vitimas non fomos os que asasinamos aos nosos país; porén non se nos pode mesturar, nin cos criminais nin cos que nos aldraxaron durante a criminal ditadura.

* Membro da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36

Síguenos en redes sociales… Facebook: LoQueSomos Twitter: @LQSomos Telegram: LoQueSomosWeb Instagram: LoQueSomos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar