Os restos do franquismo en Galiza

Agencia Mp3. LQS. Junio 2020

Honras, privilexios e distincións a golpista, franquistas e criminais. Nuevo libro de Manuel Monge

El libro de Manuel Monge González estará en las librerías la primera semana de junio y comenzará las presentaciones en toda Galicia desde el 8 de junio, la Feria del Libro de Santiago el 19 de junio, etc.

Se publica en Ediciones Laiovento. Es un libro de 400 páginas, el séptimo que publico desde 2015.

La tapa lleva la foto de Manuel Fraga haciendo el saludo fascista, que es una recuperación de la memoria histórica, es decir, de los 35 años de la militancia franquista de Fraga.

Galicia ya comenzó en Cambados en el siglo pasado la retirada de calles y distinciones a Manuel Fraga, otorgado en la dictadura. Más tarde, Ferrol retiró la distinción de Hijo adoptivo el 25 de abril de 2019, A Coruña el 6 de mayo de 2010 y Cedeira cambió la Avenida Manuel Fraga a Fraternidad el 9 de marzo de 2020.

El libro se actualiza hasta marzo de 2020 después de que se hiciera público que el rey Juan Carlos llevaba millones de euros en un maletín a un banco suizo, que el propio rey Felipe VI reconoció los hechos, renunció a la herencia y retiró el «pago» al padre. El libro cubre las calles y distinciones que tiene Juan Carlos Borbón en Galicia, como la Medalla de Oro de Galicia en 1985 y la Medalla de Bronce de A Coruña. También recoge la Medalla de Oro de Galicia que Manuel Fraga otorgó a Rodolfo Martín Villa, ministro de la dictadura, en 2004,

En la sección «Nombres para no olvidar», están las biografías de 190 personas, que incluye el libro, incluidos significados franquistas como Pedro Barrié de la Maza y los alcaldes de A Coruña Alfonso Molina y Sergio Peñamaría de Llano.

Limiar. Por Manuel Monge González

Levamos xa 43 anos dende as primeiras eleccións democráticas do 15 de xuño de 1977 e máis de 12 anos dende a aprobación da chamada Lei de Memoria Histórica. A Dirección Xeral para a Memoria Histórica, dependente do Ministerio de Xustiza, presentaba en febreiro de 2019 un informe no que sinalaba sobre 30 restos de simboloxía franquista en 15 concellos galegos. A verdade é que, nun primeiro inventario que realizo neste libro, aínda quedan en Galiza sobre 600 símbolos franquistas en 87 concellos: rúas, retratos, placas, esculturas, monólitos, distincións de Fillo Adoptivo, Fillo Predilecto, Alcalde Honorario etc, que exaltan, honran e distinguen a golpistas, franquistas e criminais. E aquí non pasa nada!

Chegamos a esta vergoñenta situación, en primeiro lugar, porque durante moitos anos Galiza estivo gobernada por un partido como o PP, fundado por ministros de Franco. Pero isto é tamén un fracaso colectivo porque aínda queda moita simboloxía franquista en deputacións e concellos gobernados durante moitos anos por organizacións políticas progresistas e nacionalistas.

Hai que entender os “restos do franquismo” dun xeito amplo, non limitado á simboloxía franquista porque a supervivencia do franquismo ten múltiples manifestacións. Que o ministro da ditadura Rodolfo Martín Villa, por exemplo, teña hoxe a Medalla de Ouro de Galicia, é unha vergoña para Galiza e unha clara expresión dos restos do franquismo. A Lei de Amnistía de 1977 foi unha conquista democrática, pero a interpretación que se fai da mesma como unha lei de punto final, significa na práctica a impunidade dos crimes do franquismo. A negativa dos sucesivos gobernos do PSOE e PP para aplicar a xustiza universal, impedindo que esa xustiza, a través da Querela Arxentina, xulgue os crimes do franquismo, é unha vergoña de Estado, así como a existencia de 130.000 persoas nas cunetas sen que as familias poidan recuperar os seus restos. Continúan existindo numerosas fundacións franquistas cunha intensa actividade de propaganda fascista. Golpistas, criminais e servidores da ditadura son premiados con títulos nobiliarios. A familia Franco conserva propiedades que roubaron e recibe todo tipo de privilexios. Policías torturadores conservan as medallas e reciben un incremento na súa pensión pola súa actividade criminal na ditadura. Todo isto xa foi denunciado en numerosas ocasións por organizacións internacionais e comisións de dereitos humanos da propia ONU, sen que esas denuncias fosen atendidas polo goberno.

A permanencia da simboloxía franquista é unha exaltación das persoas que participaron en 1936 no golpe de Estado contra o goberno lexítimo e democrático da República; das que formaron parte dos gobernos da ditadura, colaboraron ou ocuparon cargos de responsabilidade nas distintas institucións do franquismo. Manter hoxe esa simboloxía é unha ofensa e humillación para as vítimas do franquismo e unha vergoña para calquera país democrático.

O ditador Franco foi exhumado do Val dos Caídos nunha cerimonia que se converteu nun acto de exaltación do franquismo, organizado por fascistas e permitido polo goberno. Agora cómpre exhumar ou retirar os restos do franquismo da sociedade, das institucións e das nosas rúas.

Un grupo de historiadores, coordinados por Julián Casanova, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Zaragoza, escribían un libro que titulaban “40 años con Franco”. Estamos xa en 2020 e podemos dicir “45 anos con Franco”. Temos unha monarquía impresentábel e corrupta e teñen plena vixencia aquelas palabras do ditador Franco cando en 1969 designaba a Juan Carlos Borbón como o seu sucesor na Xefatura do Estado “para que todo quede atado e ben atado para o futuro”.

O libro está actualizado até marzo de 2020, xa coa chegada do Coronavirus, e recolle as distincións e rúas que ten o rei Juan Carlos en Galiza, que moi pouca xente pode defender hoxe despois de coñecer novos casos de corrupción da monarquía Borbónica.

Dedico un capítulo ao manifesto Non queremos ao “Camarada Fraga” como Fillo Adoptivo, impulsado por un colectivo de persoas presas políticas de Galiza na ditadura, que conseguiu importantes apoios de historiadoras e entidades. O caso de Fraga é un exemplo de que aínda quedan moitos restos do franquismo por eliminar. E recollo o exemplo de Ferrol, que retirou a distinción de Fillo Adoptivo, e de Cambados que retirou unha rúa de Fraga e unha escultura.

Adianto que nesta relación de simboloxía franquista en Galiza pode haber erros, é dicir, que xa fora retirada, e tamén outra que falta. Nalgúns concellos ou institucións están en marcha procesos para eliminar esa simboloxía. O maior éxito deste libro sería que cando se publique xa estivese eliminada moita desa simboloxía. Espero que esta obra facilite o traballo a moitos concellos que non sabían da existencia destes restos do franquismo. E pode, tamén, proporcionar argumentos para a súa eliminación, coñecendo o que xa se fixo noutros concellos e comunidades autónomas. Finalmente, quere contribuír a coñecer unha parte da historia desta nación, desmontando a biografía oficial de moitas persoas, presentadas como benfeitoras, servidoras do Estado ou eficientes xestoras, cando foron realmente represoras, colaboradoras ou servidoras da ditadura.

“Sen memoria non somos nada. Sen memoria perdemos a vida”, manifestaba María Lores (neta de Aurelio Lores, asasinado en 1936) na conferencia Franquismo post Franco, celebrada na sede do Parlamento Europeo en Bruxelas o 20 de novembro de 2019 e na que participei. Eu engadiría que sen memoria non temos futuro. Como imos educar en democracia se a cidadanía non coñece a historia das persoas que dan nome ás nosas rúas, son fillos adoptivos ou predilectos e os seus retratos presiden os edificios públicos? O apartado “Nomes para non esquecer” deste libro pode ser útil para a consulta rápida dunha breve biografía de moitas das persoas ou símbolos que queremos eliminar.

Non podemos aprobar por unanimidade no Parlamento de Galicia, nas deputacións ou nos concellos que o pazo de Meirás foi un roubo, pedindo a súa devolución ao patrimonio público, mentres temos aos principais protagonistas dese roubo –Pedro Barrié de la Maza, Alfonso Molina etc– dando nome ás nosas rúas, centros de ensino ou recibindo todo tipo de distincións. Non podemos aceptar como unha situación normal o que é unha anormalidade en calquera país democrático. Manuel Fraga Iribarne, con máis de 35 anos de militancia franquista ou fascista, que foi ministro dunha ditadura criminal, non pode manter as distincións concedidas na ditadura. Se en Madrid, Barcelona, Sevilla, Valencia, Bilbao etc. os alcaldes e alcaldesas na ditadura non conservan ningunha rúa ou distinción, por que na Coruña manteñen 30 distincións entre rúas, retratos. monólitos, placas, esculturas e distincións de honra? Eu non quero que A Coruña sexa a capital da simboloxía franquista, un sitio distinto

Os tempos son chegados. Temos unha Lei de Memoria Histórica aprobada en 2007, que é insuficiente e, ademais, non se cumpre. É hora de actuar e de poñer os medios para acabar con esta vergoñenta situación. En primeiro lugar, cómpre vontade política, presentar iniciativas nas distintas institucións, debatelas, tamén na sociedade, e sometelas a votación para que cada organización política asuma as súas responsabilidades. En segundo lugar, dedicando as partidas correspondentes nos orzamentos para elaborar un catálogo dos restos do franquismo. Esta “batalla” non se vai gañar só dende as institucións; cómpre un debate e mobilización social, pronunciamentos públicos de asociación memorialistas e de todo tipo de entidades.

Por outra parte, hai que actuar con contundencia, utilizando todos os mecanismos, tamén os legais. Se hai concellos que se negan a retirar a simboloxía franquista; se a Igrexa católica non retira as placas de homenaxe aos “Caídos”; se o Ministerio de Defensa mantén en museos ou instalación militares o nome de rúas (como no Arsenal de Ferrol), retratos, placas e homenaxes a golpistas, haberá que presentar a correspondente denuncia nos xulgados.

Espero que este libro contribúa a que todas as organización políticas tomen un pouco máis en serio a eliminación desta simboloxía e actúen cun mínimo de coherencia. Se unha alcaldía do PSOE retira en Ferrol en 1981 a rúa Salgado Torres (falanxista e represor) non podemos ter a esa persoa na Coruña dando nome a unha avenida e a un colexio. Se Logroño, cando era alcaldesa polo PP Cuca Gamarra, retira a rúa Calvo Sotelo, e se a Deputación de Pontevedra retira, por unanimidade, a distinción de Fillo Predilecto da provincia a Calvo Sotelo, non podemos manter na Coruña a este golpista cunha avenida e sete distincións máis. A Coruña non pode manter 138 símbolos franquistas (102 do concello e 36 da Deputación), 50 Santiago, 46 Ferrol, etc., todos eles con gobernos progresistas e nacionalistas.

Este é un libro colectivo, resultado de moitas colaboracións. O meu agradecemento a todas as persoas presas políticas de Galiza na ditadura; a historiadoras, investigadoras, xornalistas, persoas que escriben libros, reportaxes ou denuncian día a día a existencia dos restos do franquismo; a asociacións memorialistas, asociacións culturais e entidades de todo tipo que informan e mobilizan á cidadanía; a amigas e amigos que me enviaron información. Espero continuar co seu apoio e colaboración para completar este traballo, que non fixo máis que comezar.

– Sobre el autor Manul Monge: http://www.laiovento.com/AUTORES/20V5/Monge-Gonzalez–Manuel.html
Ediciones Laiovento

Síguenos en Facebook: LoQueSomos Twitter@LQSomos Telegram: LoQueSomosWeb Instagram: LoQueSomos

Deja un comentario

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar