Presas políticas de Ferrol na ditadura piden a retirada de 45 símbolos franquistas

Presas políticas de Ferrol na ditadura piden a retirada de 45 símbolos franquistas

Por Manuel Monge. LQSomos.

Informaron en roda de prensa de que hoxe entregaron ao alcalde de Ferrol, Ángel Mato (PSOE), e aos grupos municipais de PP, Ferrol en Común e BNG un escrito, que axuntamos (26 páxinas), para que presenten unha moción no pleno de marzo para acabar con esta vergoña, despois de máis de 14 anos da aprobación da Lei de Memoria Histórica e cinco meses despois da Lei de Memoria Democrática.

Manter esta simboloxía franquista, ademais de ilegal, é unha humillación ás vítimas do franquismo, que non pode tolerar unha sociedade democrática.

Dez ministros de Franco aínda manteñen rúas e distinscións honoríficas en Ferrol. A Lei de Memoria Democrática (LMD) sinala no seu 40 que “as administracións públicas adoptarán as medidas oportunas para retirar recoñecementos, honores e distincións que resulten manifestamente incompatíbeis coa valores democráticos”. E a continuación o artigo 41 retira 33 títulos nobiliarios, entre eles, o de Conde de Fenosa a Pedro Barrié de la Maza; e o o Marqués de Suanzes a Juan Antonio Suanzes. Pedro Barrié conserva unha rúa en Ferrol e é Fillo Adoptivo. Suanzes conserva a distinción de Fillo Predilecto.

O Colectivo lembra que a primeira corporación democrática de Ferrol xa retirara 61 símbolos franquistas o 2 de marzo de 1981, entre elas a rúa do militar golpista González Llanos (hoxe Circunvalación). Tamén o Ministerio de Defensa retiraba a súa rúa do Arsenal Militar, pero González Llanos aínda é Fillo Predilecto de Ferrol, e PP e PSOE aprobaron unha moción no Pleno de 9 de maio de 2022 para manter unha estatua de González Llanos, que foi condecorado coa “Medalla de la Campaña (1936-1939) e era Contralmirante da Armadas franquista en 1958.

O Colectivo manifestou que espera a retirada deses restos do franquismo antes das eleccións municipais de 28 de maio de 2023 e que está disposto a informar desa sinmboloxía franquista ao Ministerio da Presidencia, como vítimas do franquismo, para que se incorpore, como sinala o artigo 36 da LMD, ao catálogo de elementos contrarios á memoria democrática.

Tamén lembraba que se non se retira esa simboloxía franquista podería ser considerada unha falta grave, segundo o artigo 36 da LMD, con sanción entre 2.001 e 10.000 euros.

⇒⇒Ler Información para o alcalde e todos os grupos municipais, preme aquí. PDF⇐⇐

⇒⇒Le os símbolos franquistas en Ferrol, preme aquí. PDF⇐⇐

* Manuel Monge, sociólogo, membro da CRMH da Coruña
Máis artigos do autor

Síguenos en redes sociales… Mastodon: @LQSomos@nobigtech.es Diaspora*: lqsomos@wk3.org Telegram: LoQueSomosWeb Twitter: @LQSomos Facebook: LoQueSomos Instagram: LoQueSomos

LQSomos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar