Causa Galiza: La justicia vulnera derechos fundamentales

Causa Galiza: La justicia vulnera derechos fundamentales

Agencia Mp3*. LQS. Septiembre 2020

O letrado de 9 dos investigados na Operación Jaro denuncia o “incumprimento de garantías básicas” por parte do Tribunal Constitucional. “O proceso debía estar arquivado pero os tribunais teñen unha axenda política”

Denuncian que “a xustiza española está violando os dereitos fundamentais” dos acusados de Causa Galiza

Novo episodio no proceso legal contra os 12 integrantes de Causa Galiza detidos no marco da Operación Jaro. Os representates legais de 9 dos investigados veñen de denunciar unha “infracción dos dereitos fundamentais” dos militantes, que serán enxuizados por presuntos delitos de enaltecemento do terrorismo e pertenza a banda armada.

A polémica Operación Jaro arrincou en 2015 coa detención dun total de 9 integrantes do partido Causa Galiza, ao que logo se lles sumarían outros 3. Segundo destacou entón o Ministerio de Interior, comandado polo ‘popular’ Jorge Fernández Díaz, a detención supoñía un golpe ó terrorismo en tanto que a formación política, aseguraron, tería xurdido como sucesora dos apoios a Resistencia Galega, que o ano anterior fora declarada como grupo terrorista.

O conflito apuntado por Manuel Chao, letrado que representa estes 9 investigados a nivel penal e título individual, comeza do propio xerme da investigación. Segundo destaca o abogado, a causa contra os militantes da formación independentista xestouse sobre un procedemento que estaría a supoñer a “infracción de dereitos e garantías fundamentais”, á parte de non haber “base” para supoñer a relación con Resistencia Galega apuntada pola Fiscalía

O abogado fai fincapé en que a investigación sobre os acusados foi desenvolta de xeito “prospectivo”. “A causa xeral iniciouse sen ter constancia dun delito, senón para buscalo”, explica o letrado en relación a un trámite que podería ata implicar “unha quebra dos seus dereitos de participación política”, explica en relación ós acusados. “O resultado é que son acusados de dous delitos sen haber practicamente instrución ningunha ao longo de 4 anos”, puntualiza.

A problemática denunciada pola formación chega cando o letrado decide elevar ó Tribunal Constitucional o presunto incumplimento, que se tería producido no marco do xulgado número 6 da Audiencia Nacional. Neste momento, e sempre segundo a versión da formación, o Constitucional devolve a pelota á Audiencia Nacional, apuntando que “debe ser esta a que responda dos seus propios incumprimentos”, destaca o letrado.

O argumento empregando polo Constitucional para “evitar entrar na materia” é que o procedemento xudicial no seo da Audiencia Nacional non está esgotado; unha aclaración que para Causa Galiza supoñerá, de facto, a desprotección dos acusados. “Deste xeito é o propio tribunal xulgador o que decida sobre a súa falta de garantías”, destaca Chao antes de apuntar que, debido a esta circunstancia, non será posible elevar o trámite ó Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

As denuncias públicas por “violación de dereitos fundamentais” desenvoltas polas plataformas veñen a sumarse a unha serie de “incumprimentos” que Chao apunta como presentes ó longo do proceso. “Xa protestamos por unha dilación indebida do procedemento, que está a ser constantemente ampliado. Algúns dos cargos xa deberían ter prescrito”, explica. Neste aspecto, o letrado incide en que, a piques de cumprirse cinco anos das polémicas detencións, aínda non haxa data para o xuízo. “Este procedemento debería ser arquivado, pero os xulgados tamén se moven por axendas políticas”, conclúe.

* http://www.galiciaconfidencial.com/

Causa Galiza

Galiza – LoQueSomos

Síguenos en Facebook: LoQueSomos Twitter@LQSomos Telegram: LoQueSomosWeb Instagram: LoQueSomos

LQSomos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar