O Congreso aproba a intervención pública de Alcoa

Axencia Mp3*. LQS. Outubro 2020

O BNG espera que a resolución do Congreso sexa tomada en conta polo Goberno español e polo Goberno galego, que deben pórse de acordo para actuar da forma máis inmediata posíbel

O Congreso aproba, a partir da iniciativa presentada polo Bloque Nacionalista Galego na Comisión de Industria, Comercio e Turismo, unha resolución na que se insta ao Goberno español a adoptar cantas medidas sexan necesarias o máis axiña posíbel, incluída a intervención pública temporal para a súa posterior venda a un investidor privado que garanta un proxecto industrial viábel, para o mantemento da actividade industrial e dos postos de traballo na factoría de Alcoa en San Cibrao.

O acordo foi posíbel por medio dunha transaccional alcanzada tanto co Partido Socialista como co Partido Popular, que contou co apoio doutras forzas da Cámara.

Na súa intervención, o portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, destacou que “a negativa da multinacional norteamericana para vender a planta a Liberty House só deixa unha vía para garantir a continuidade da actividade na comarca da Mariña e o mantemento da totalidade dos máis de 1.000 postos de traballo. E esa vía é a intervención pública”.

Rego recalcou que “ao BNG gustaríalle que esa intervención servise para nacionalizar a planta de aluminio, para retornala ao sector público” e lembrou que “ INESPAL foi unha empresa pública que nunca debeu ser privatizada, pero en todo caso sabemos que agora o urxente é buscar unha solución que garanta algo tan elemental como que se poida manter aberta a factoría e preservar a totalidade dos postos de traballo dos que dependen a vida de milleiros de persoas nos Concellos da Mariña.

O deputado nacionalista insistiu en que “o impacto do peche da planta de aluminio sería brutal para A Mariña e é algo que nunca, menos aínda neste momento de crise social e económica, podemos permitir.”

Néstor Rego instou o Goberno español e ao Goberno galego a pórse de acordo para actuar da forma máis inmediata posíbel para garantir que a intervención da planta de aluminio saia adiante para manter os postos de traballo e a actividade industrial na comarca da Mariña.

E finalizou engadindo que “non hai outra alternativa” á crise económica e social que sofre A Mariña e lembrou que “miles de persoas están neste momento pendentes desa solución e desde logo o BNG, como sempre fixo, está ao seu lado”.

Na proposta presentada polo BNG tamén se incluía a posta en marcha dunha Tarifa Eléctrica Galega, ao ser Galiza un país produtor excedentario de enerxía eléctrica, e a aprobación inmediata do Estatuto da Industria Electrointensiva que establecera un marco adecuado para facer que esta industria fose realmente competitiva para saír da crise na que se atopa actualmente.

* Bloque Nacionalista Galego

Galiza – LoQueSomos

Síguenos en Facebook: LoQueSomos Twitter@LQSomos Telegram: LoQueSomosWeb Instagram: LoQueSomos

Deja un comentario

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar