31 outubro día de Lembranza e Homenaxe ás Víctimas do franquismo
Por Manuel Monge*
O artigo 7 da Lei 20/2022 de 19 de outubro de Memoria Democrática sinala:
“Declárase o 31 de outubro de cada ano como día de lembranza e homenaxe a todas as vítimas do golpe militar a Guerra e a Ditadura”.
Como vítima do franquismo e como non teño coñecemento de actos organizados polo concello e outras institucións para cumprir coa Lei, paso á acción directa e colocarei 100 exemplares do cartaz que axunto por toda A Coruña.
Comezarei o xoves, 24 de outubro, ás 10 horas na rúa Real da Coruña, á altura da Subdelegación do Goberno.
Para que queremos a Lei de Memoria Democrática se non hai vontade política para desenvolver e executar esa lei?
Un primeiro compromiso por parte dos concellos para lembrar e homenaxear ás vítimas do franquismo sería manifestar que no prazo de seis meses serán retirados, en cumprimento da lei, todos os elementos contrarios á memoria democrática.
Como sabedes, na Coruña con alcaldesa do PSOE e vicepresidenta da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), aínda quedan 378 restos do franquismo, unha vergoña!
Axunto documentación, actualizada a setembro de 2024, deses 378 restos do franquismo.
Esperando a vosa contribución para celebrar dignamente o 31 de outubro, recibide un cordial saúdo.
– Pola eliminación da simboxía franquista da Coruña
* Socióloga, vítima do franquismo.
Máis artigos do autor
Galiza – LoQueSomos
#Verdade #Xustiza #Reparación
#MemoriaDemocrática
Comparte este artigo, os teus amigos o agradecerán…
Mastodon: @LQSomos@nobigtech.es; Bluesky: LQSomos;
Telegram: LoQueSomosWeb; Twitter (X): @LQSomos;
Facebook: LoQueSomos; Instagram: LoQueSomos;