A Coruña tiene 112 símbolos franquistas

A Coruña tiene 112 símbolos franquistas

Por Manuel Monge*. Lqsomos.

Intervención, desde el ‘Banco Ciudadano’, cuando finalizó el Pleno Municipal de A Coruña (2/2/2023). Fue una intervención divulgativa y didáctica sobre algunos de los 112 símbolos franquistas que quedan en A Coruña, quince años después de la aprobación de la primera Ley de Memoria Histórica. Evidentemente, falta voluntad política y el gobierno municipal del PSOE no cumple la Ley de Memoria Democrática

¡Terminemos con esta vergüenza, una ilegalidad y una humillación para las víctimas del franquismo!

Intervención de Manuel Monge desde o escano cidadán, como vítima do franquismo, para falar dos restos do franquismo na Coruña e medidas que vai tomar o goberno municipal en cumprimento da Lei de Memoria Democrática

Alcaldesa, amigas e amigos da corporación municipal:

Fago esta intervención como vítima do franquismo a nivel persoal e tamén como familiar de persoas asasinadas polo fascismo. Vou facer unha intervención informativa e didáctica.

Parece ser que o concello da Coruña ten problemas para retirar 112 símbolos franquistas e quero axudar para acabar con esta vergoña. Comezo cun pouco de historia. Que sucedeu aquí en 1936? Foi unha “pelea de abuelos” ou un golpe de Estado e posterior ditadura franquista, como sinala o artigo 1.3 da Lei de Memoria Democrática?

Que foi o chamado réxime de Franco? Unha Resolución de Nacións Unidas de 1946 deixaba as cousas claras: Fascismo, semellante ao da Alemaña nazi e á Italia fascista.

Fagamos un breve recorrido polo palacio municipal, como se fose unha visita turística que podería dirixir a Sra, alcaldesa ou o Sr. Concelleiro de Cultura. Atoparemos os retratos de dous alcaldes da Coruña, vestidos de militares, pero non están disfrazados para o Entroido. Sisenando Martínez Yunta e Juan González Regueral foron alcaldes da Coruña e entre os seus méritos están a súa participación na sublevación fascista de 1936 e na depuración da plantilla do persoal deste concello.

Enfronte temos o salón para recibir visitas e celebrar as vodas, que está presidido por catro grandes retratos de golpistas. Para retirar estes retratos hai que asesorarse ben. Para o general Severiano Martínez Anido poderiamos preguntar a Valentín González Formoso, compañeiro do PSOE, porque a Deputación da Coruña, que preside, xa retirou este retrato que estaba na segunda planta da Deputación. Para outro dos golpistas, general Mario Muslera y Planes, podemos asesorarnos no concello de Leganés que en 2018 e con alcaldía do PSOE retirou a José Muslera González, fillo do anterior e tamén golpista, unha rúa e a Medalla de Ouro de Leganés.

Sobre o ditador Miguel Primo de Rivera, imos a Zaragoza que, por unanimidade (tamén cos votos do PSOE e PP), cambia o nome do parque Miguel Primo de Rivera por José Antonio Labordeta, que Bonito! Tamén podemos pasar ante por Logroño que cambia o nome do golpisa por Ateneo Riojano, sendo alcaldesa a “revolucionaria” Cuca Gamarra.

Para asesorarnos sobre o golpista José Calvo Sotelo temos moitas opcións: a primeira é o concello de Ferrol, que con alcaldía do PSOE retiraba esa rúa en 1981. En Curtis , alcaldía do PP cambiaron a rúa Calvo Sotelo en Teixeiro por Buenos Aires. Logroño tamén retirou a súa rúa, sendo alcaldesa Cuca Gamarra. Como e posíbel que despois de 15 anos da aprobación da Lei de Memoria Histórica de 2007, Calvo Sotelo manteña oito distincións na Coruña?

Continuemos o paseo pola cidade e atoparemos a Pedro Barrié de la Maza con avenida, retrato, Fillo Predilecto, Medalla de Ouro da Coruña, dá nome ao dique de abrigo…Algúns pensaban que estes santos non baixarían nunca dos altares, pero estaban equivocados porque a Lei de Memoria Democrática (artigo 41.1) retira a Barrié o título nobiliario de Conde de Fenosa para cumprir co obxecto desa Lei: “Defensa dos valores democráticos e os dereitos e liberdades fundamentais” (artigo 1.3). Haberá que cumprir con esta lei, ou non? Como referencias a seguir, o concello de Sada, cos votos a favor de Sada Maioría, BNG, PSOE e Alternativa dos Veciños, retiraba a Barrié unha avenida e o título de Fillo Adoptivo. E Corcubión, alcaldía do PSOE, aprobaba unha moción do BNG e retirou a Barrié o título de Fillo Adoptivo.

Para decidir que facemos con Sergio Peñamaría de Llano, viaxamos até o Barco de Valdeorras porque nos dá o traballo feito. Alí con alcaldía do PSOE e por unanimidade, tamén cos votos a favor PP e BNG, o Pleno de 3 de outubro de 2029, a iniciativa da CRMH da Coruña, aprobaba unha moción que lembraba ao concello da Coruñan que Peñamaría, como tenente dunha Bandeira da Lexión, tivo un papel decisivo na represión na comarca en 1939. Posteriormente, outro Pleno, tamén por unanimidade, acordaba dirixirse ao concello da Coruña para que cambie a rúa do alcalde Peñamaría por Mártires do Portiño.

Que facemos coa Medalla de Bronce do rei Juan Carlos? Tamén temos moitas respostas. O Goberno municipal de Pontevedra (BNG-PSdG) retiraba a avenida Juan Carlos I. O goberno de Navarra, presidencia socialista, retiraba o retrato do rei Juan Carlos da Sala de Goberno en xuño de 2020. Xixón, alcaldía socialista, cambiaba o nome da avenida Juan Carlos I porque “ya no representa los valores institucionales, morales y democráticos de la sociedad”.

Que facemos cos alcaldes da ditadura? O artigo 1.3 da Lei de Memoria Democrática pode axudar a tomar unha decisión porque declara “ilegal o réxime xurdido da contenda militar iniciada co golpe militar do 18 de xullo de 1936”. En consecuencia serán tamén ilegais os nomeamentos dese réxime: ministros, alcaldes, presidentes de Deputación, Gobernador Civil ou Militar. O Pleno de Bilbao de 2014 (goberno PNV-PSOE) xa acordou que todos os alcaldes da ditadura son ilexítimos e retiraron todas as súas rúas e distincións.

O pleno da Coruña de maio de 2019 acordaba iniciar o expediente para retirar a Manuel Fraga a distinción de Fillo Adoptivo. É hora de concluír ese expediente, tomando o exemplo de Cedeira, alcaldía do PSOE, que retiraba a Fraga unha avenida e a distinción de Fillo Adoptivo. E de Ferrol que no pleno de 25 de abril de 2019 retiraba a Fraga a distinción de Fillo Adoptivo cos votos a favor de Ferrol en Común, PSOE e BNG.

Se continuamos o paseo até Catro Camiños atopamos a praza de José Toubes, crego colaborador da represión. Aquí temos que ir a Valladolid porque Óscar Puente, alcalde do PSOE, cambiaba o nome dunha rúa dedicada ao crego represor do barrio das Delicias por Celtas Cortos.

Para homenaxear a cargos públicos e traballadores municipais represaliados, o concello podería colocar placas de lembranza. En Salamanca, alcaldía do PP, colocaban o 10 de novembro de 2022 unha placa: “Homenaje al alcalde e concejales del Ayuntamiento de Tejares [agora pertence a Salamanca], represaliados por el régimen franquista”. Tamén en Valladolid, alcaldía do PSOE, colocaban unha escultura o 1 de maio de 2022 de homenaxe aos traballadores/as represaliadas/os.

Ofrezo a miña colaboración, gratuíta, para acabar cos restos do franquismo.

Moitas grazas pola súa atención.

* Socióloga, vítima do franquismo.
Máis artigos do autor

Galiza – LoQueSomos

Síguenos en redes sociales… Mastodon: @LQSomos@nobigtech.es  Telegram: LoQueSomosWeb Twitter: @LQSomos Facebook: LoQueSomos Instagram: LoQueSomos

LQSomos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar