A Deputación da Coruña aínda conserva 38 restos do franquismo

A Deputación da Coruña aínda conserva 38 restos do franquismo
Rafael Puga Ramón foi un presidente da Deputación na época franquista

Por Manuel Monge*

Presentada información sobre elementos contrarios á Memoria Democrática na Deputación, para a súa inclusión no catálogo. A provincia da Coruña ten 534 restos do franquismo en 40 concellos, entre outros, 230 A Coruña, 66 Ferrol, 64 Santiago, 16 Betanzos, 10 Ortigueira

Como vítima do franquismo e investigadora, de acordo co artigo 36.2 da Lei de Memoria Democrática, presentei onte, luns 18 de marzo, polo rexistro da Subdelegación do Goberno da Coruña unha información dirixida ao Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática sobre 38 elementos contrarios á memoria democrática, que aínda ten a Deputación da Coruña, para a súa inclusión no Catálogo do Estado. Xa presentara información en 2023 para o catálogo do concello da Coruña e das comarcas de Eume, Ferrolterra e Ortegal.

Considero que a existencia destes restos do franquismo é unha ilegalidade, unha vergoña para a Deputación da Coruña, un desprestixio das institucións democráticas e unha ofensa e humillación para as vítimas do franquismo”.

A deputación da Coruña coñece o incumprimento da Lei de Memoria Histórica de 2007 e da Lei de Memoria Democrática de 2022, porque Manuel Monge xa informou desta ilegalidade en tres escritos por rexistro dirixidos a Valentín González Formoso como Presidente da Deputación da Coruña, que é tamén Secretario Xeral do PSdG: o 27 de decembro de 2018, 13 de novembro de 2019 e 8 de maio de 2023.

Lembra que a Deputación da Coruña non executa os acordos plenarios da propia institución provincial, nin os acordos do Parlamento Galego e non ten en conta sentenza do Tribunal Supremo, Orde da Ministra de Defensa, Resolución do Consello Escolar do Estado e Convención Municipal do PSOE.

O documento recolle unha análise comparativa do que se fai noutras institucións para retirar os restos do franquismo no caso de presidentes de deputación, militares golpistas, gobernadores civís e militares, ministros dos gobernos da ditadura, falanxistas, supresión de títulos nobiliarios, nomes dos centros de ensino.

Un dos casos máis significativos e vergoñentos é que os catro militares, principais responsábeis da organización na Coruña do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 –Enrique Cánovas Lacruz, Florentino González Vallés, Luis Tovar Alonso e Pablo Martín Alonso–, son Fillos Predilectos e Adoptivos da provincia da Coruña e manteñen esta distinción concedida o 5 de xaneiro de 1937, é dicir, 87 anos despois! Estes catro militares exemplifican a criminal represión, cometeron crimes contra a humanidade, e a pervivencia das distincións é un claro incumprimento da Lei de Memoria Democrática.

É inexplicable e contraditoria a actuación do Presidente da Deputación da Coruña xa que o concello de As Pontes (Valentín González Formoso era o alcalde) aprobaba por unanimidade en xaneiro de 2009 retirar a José Antonio Girón de Velasco (significado falanxista e ministro na ditadura) a Medalla de Prata, pero hoxe continúa como Fillo Adoptivo da provincia da Coruña. Ese mesmo Pleno de As Pontes retiraba a Medalla de Prata a Constantino Lobo, militar golpista e Gobernador Militar de Ferrol na ditadura, pero hoxe continúa coa distinción de Fillo Predilecto da provincia da Coruña. Incongruencia tamén de González Formoso coa actuación do seu partido, o PSdeG, xa que Ferrol, con alcaldía Socialista, cambiaba en 1981 a rúa Constantino Lobo por Catalunya e cambiaba tamén a rúa José Antonio Girón de Velasco en 1981 por Carbalho Calero; e o concello da Coruña, con alcaldía socialista, retiraba a Girón de Velasco a distinción de Fillo Adoptivo en 2010.

Axunto o documento total de 32 páxinas, que inclúe un anexo de 21 páxinas para xustificar a retirada deses restos do franquismo, documentación recollida do meu libro OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA (Edicións Laiovento, 2020).

Ver – descargar: Catálogo de Simboloxía franquista Deputación A Coruña, fai clic aquí

* Socióloga, vítima do franquismo.
Máis artigos do autor
Galiza – LoQueSomos

#Verdade #Xustiza #Reparación
#MemoriaDemocrática

Comparte este artículo, tus amig@s lo leerán gratis…
Mastodon: @LQSomos@nobigtech.es Telegram: LoQueSomosWeb
Twitter: @LQSomos Facebook: LoQueSomos Instagram: LoQueSomos

LQSomos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar