Casa Cornide ¡O franquismo nunca máis!
Agencia Mp3. LQS. Noviembre 2020
Nos próximos días o concello da Coruña vai presentar a documentación na Xunta para que declare a Casa Cornide como Ben de Interese Cultural (BIC)
Despois da sentenza do Pazo de Meirás, agora a Casa Cornide
Una marcha cívica ha reclamado este sábado en A Coruña la “devolución” al patrimonio público de la Casa Cornide, en manos de la familia Franco, combinando los aspectos reivindicativo y lúdico.
La protesta, organizada por la Plataforma para la Defensa do Común, ha partido a las 12.30 horas desde la plaza de María Pita, encabezada por una comitiva formada por las principales figuras encargadas supuestamente, según denuncian los organizadores, de “planificar toda la casuística” para la entrega del inmueble al dictador.
A Casa Cornide e o pazo de Meirás son dúas caras dun mesmo espolio aproveitando o réxime de tiranía que se impuxo despois dun golpe e unha guerra, durante décadas, por medio dunha represión criminal e mafiosa
Un grupo de actores, entre ellos Isabel Risco y Fernando Morán, se han puesto en la piel de Francisco Franco, Carmen Polo, Pedro Barrié de la Maza, Carmela Arias, y el exalcalde de A Coruña Alfonso Molina.
Ellos han sido los encargados de amenizar un recorrido en el que se han podido leer pancartas como “Retorno da Casa Cornide á cidade da Coruña”, “O franquismo nunca máis”, “Fora okupas” ou “Despois da sentenza do Pazo de Meirás, agora a Casa Cornide”.
Esta II Marcha Cívica por la devolución del inmueble, secundada por más de un centenar de personas, ha terminado frente a la propia Casa Cornide, situada en la ciudad vieja de A Coruña, donde, tras una pequeña función cómica, el periodista y escritor Manuel Rivas ha procedido a la lectura de un manifiesto.
Esta acción simbólica resulta especialmente relevante ao desenvolverse xusto un día despois de se coñecer que a familia Franco ten que devolver o Pazo de Meirás ao Estado, como tarde, o 10 de decembro, após a decisión do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña
“El expolio que hoy denunciamos corresponde a una época de círculo vicioso autoritario, desigual y corrupto”, ha condenado Rivas, que ha celebrado que “cuando se dan pasos justos”, como la reciente sentencia que condena a los Franco a devolver el Pazo de Meirás, se construye una sociedad “más decente”.
Así, ha apuntado que este acto “no solo responde a un movimiento de reparación histórica”, sino que “tiene mucho que ver con nuestro futuro” y ha saludado que el Ayuntamiento de A Coruña presentase ante la Xunta la solicitud para la declaración del inmueble como Bien de Interés Cultural (BIC).
En declaraciones a la prensa, el portavoz de Defensa do Común, Manuel Monge, ha asegurado que la Casa Cornide “entra en el mismo cupo” que el Pazo de Meirás porque ambas “fueron operaciones de Estado y como tal fueron diseñadas”.
Aquí os dejamos el texto integro del manifiesto…
Manifesto lido polo escritor Manuel Rivas
Amigas e amigos:
Grazas pola vosa participación neste acto.
Esta II Marcha Cívica pola devolución da Casa Cornide ao patrimonio público da Coruña está convocada polas seguintes organizacións: Defensa do Común, Asociacións Veciñais de: Cidade Vella, Agra do Orzán, Gaiteira-Os Castros, Atochas-Monte Alto, Iar Castrillón-Urbanización Soto, Eirís, Os Anxos de San Cristobal das Viñas, Labañou; Anova, BNG, Cerna, EU, Marea Atlántica, PCG, Unión Republicana, Plataforma en Defensa da Ría de Sada e Betanzos, CIG, Galiza Nova, A.C. Alexandre Bóveda, Proxecto Cárcere, ADEGA, A.C. Gomes Gaioso, A.C. O Facho.
Hai, entre moitos, dous xeitos de andar na historia dos pobos e que explican acertos ou fracasos, explican un benestar democrático ou un malestar por un estado de cousas inxusto, e a eses xeitos podemos denominalos “círculo vicioso” ou “círculo virtuoso”.
O espolio que hoxe denunciamos corresponde claramente a unha época de “círculo vicioso”, autoritario, desigual e corrupto. Pola contra, cando se dan pasos xustos como a recente sentenza que obriga á familia Franco a devolver ao pobo o pazo de Meirás, sen ningún tipo de indemnización, damos colectivamente un paso adiante nun “círculo virtuoso”.
Construímos así unha sociedade máis decente. O que George Orwell denominou a “commondecency”, a decencia común.
Por iso este acto de hoxe, como outros anteriores e os que virán, non responden soamente a un movemento de reparación histórica, que tamén o son, senón que teñen moito que ver co noso futuro e co das xeracións vindeiras. O círculo virtuoso, inclusivo, de benestar e liberdade, de estima e conciencia comunitaria, nesta Coruña de tradición galeguista e republicana, vai afastando o círculo vicioso para reforzar a decencia común. Trátase dun imprescindíbel movemento de “corruptura”, de ruptura coa corrupción.
Nos próximos días o concello da Coruña vai presentar a documentación na Xunta para que declare a Casa Cornide como Ben de Interese Cultural (BIC). É unha boa noticia e agardamos que, independentemente do proceso para a súa devolución, a cidadanía poida entrar na Casa Cornide o próximo ano. Abrir o paso a un espazo público, espantar pantasmas e zombis indesexábeis e brindar polo verdadeiro Xosé Cornide e o espírito da ilustración galega.
É tamén unha boa noticia que o concello da Coruña, despois de finalizar os estudos históricos e xurídicos, presente a demanda xudicial correspondente para anular o actual título de propiedade da Casa Cornide para a súa incorporación ao patrimonio público municipal da Coruña.
Que tome boa nota a familia Franco: o pleno municipal, en representación do pobo, acordou “considerar non grata a súa presenza na Coruña” e estamos decididos a convocar a III, IV Marcha Cívica, e as que sexan necesarias até poñer fin ao espolio.
A Casa Cornide e o pazo de Meirás son dúas caras dun mesmo espolio aproveitando o réxime de tiranía que se impuxo despois dun golpe e unha guerra, durante décadas, por medio dunha represión criminal e mafiosa. Neste espolio tamén figuran os mesmos protagonistas, os mesmos poderosos que actuaron ao servizo do ditador: Pedro Barrié de la Maza, Alfonso Molina Brandao e Sergio Peñamaría de Llano. Estes persoeiros, obxecto case sempre de haxiografías ou biografías exclusivamente laudatorias, son cualificados na moción aprobada no pleno de 1 de outubro de 2020, como “significados franquistas que aínda conservan na Coruña rúas, retratos, placas e todo tipo de distincións que non pode admitir unha sociedade democrática”.
A adquisición da Casa Cornide foi unha auténtica operación de Estado até conseguir que chegara a mans de Carmen Polo, muller do ditador Franco. Foi mercada en 1948 pola Dirección Xeral de Belas Artes (Ministerio de Educación). Con Alfonso Molina como alcalde pasa a propiedade municipal en 1958 a través dunha permuta co Ministerio de Educación Nacional.
Sergio Peñamaría, que sucedeu a Alfonso Molina como alcalde o 19 de maio de 1959, tramitou a venda cunha sorprendente rapidez e o Pleno de 3 de xullo de 1962 acordaba a venda do palacio e tamén as bases para unha poxa que se celebra un mes despois. Barrié gaña a poxa-farsa celebrada o 2 de agosto de 1962 e adquire a Casa Cornide por 305.000 pesetas. Esa mesma tarde o pleno dá conta que Barrié solicita transmitir a propiedade a Carmen Polo. Tres días despois foi, nefeuto, vendida a Carmen Polo por 25.000 pesetas, como figura na escritura. En realidade, un agasallo camuflado de operación mercantil.
Se hai unanimidade no Parlamento Galego e na Deputación da Coruña para esixir á familia Franco a devolución do pazo de Meirás; se, igualmente, houbo unanimidade no pleno da Coruña de 12 de setembro de 2019 para reclamar a recuperación da Casa Cornide para o patrimonio da Coruña, sería inexplicable que os promotores e organizadores destes espolios dean o seu nome a rúas principais da Coruña, sexan Fillos Predilectos ou manteñan outro tipo de honras e distincións. Se é fundamental a corruptura, o romper coa corrupción, tamén o é decidir a quen honra unha cidade, como nomear os espazos públicos, porque iso ten un alto valor simbólico, definitorio, é como poñer títulos e subtítulos á nosa vida en común.
Amigas e amigos, debemos coidar a Casa Cornide porque é nosa, da xente, da comunidade, e chamamos a que ninguén deteriore e enzoufe con pintadas a súa fachada. Todas as mans son necesarias e a rebeldía eficaz é sumarse a esta mobilización unitaria para recuperar a Casa Cornide e todo o patrimonio común. Así, temos que coidar tamén o vello cárcere provincial, como fixeron durante moitos anos as compañeiras e compañeiros do Proxecto Cárcere, esixindo a súa devolución. Queremos recuperar todo o que é noso; as parcelas do Campo da Estrada-Maestranza, da rúa Adelaida Muro e o Parque de Automóbiles de Agrela, e conseguir que o ministerio de Defensa non actúe ao xeito dunha inmobiliaria particular e xestione o patrimonio de acordo cos intereses públicos.Por iso cómpre continuar a mobilización cívica e que o goberno municipal execute os acordos plenarios para que Defensa devolva gratuitamente esas parcelas.
Queremos que non se adíe máis a posta en servizo de todo o edificio do vello Goberno Militar na Cidade Vella; que se devolva ao concello para uso público o edificio do cuartel de Santo Domingo. Queremos que o cuartel de Atocha, con máis de 17.000 metros cadrados edificados e actualmente infrautilizado, se converta nun gran equipamento para toda a cidade, cunha gran praza pública, aproveitando os seus patios interiores. Imos conseguir todo isto continuando coa unidade e a mobilización en defensa dos intereses públicos da Coruña.
Seguiremos. Cada vez máis. Esta é unha iniciativa aberta, cívica. O que nos une é a defensa do común, o benestar público, e continuar a construír unha democracia efectiva e afectiva, e unha sociedade de liberdade solidaria e común decencia.
Grazas pola vosa coraxe, polo voso compromiso, pola vosa esperanza. Saúde e adiante!
A Coruña, 7 novembro 2020
#QueNosDevolvanORoubado #FranquismoNuncaMáis #CasaCornide #FranquismoPostFranco
– Sábado 7: Marcha Cívica
– Marcha pola devolución da Casa Cornide na Coruña
– A Coruña. Pola devolución da Casa Cornide
– Desde O Parrote non se ve o mar
Síguenos en redes sociales… Mastodon: @LQSomos@nobigtech.es Diaspora*: lqsomos@wk3.org Telegram: LoQueSomosWeb Twitter: @LQSomos Facebook: LoQueSomos Instagram: LoQueSomos