Pontevedra conserva 26 elementos contrarios á memoria democrática

Pontevedra conserva 26 elementos contrarios á memoria democrática
Cruz franquista situada no monte do Castro de Vigo

Por Manuel Monge*

Oito a Deputacion de Pontevedra e dezasete Vigo. Presentada documentación para a súa inclusión no catálogo do estado

Como vítima do franquismo e investigador, acolléndome ao artigo 36.2 da Lei de Memoria Democrática –“poderán incluírse no Catálogo aqueles elementos que se soliciten polas vítimas, os seus familiares ou as entidades memorialistas, en defensa de seu dereito ao honor e a dignidade, ou resulten de estudos e traballos de investigación”– presentou por rexistro hoxe, luns, 30 de decembro ás 10,26 horas, unha documentación para o Ministerio de Memoria Democrática sobre 51 elementos contrarios á memoria democrática, é dicir ilegais, que aínda conservan o concello de Pontevedra, a Deputación de Pontevedra e Vigo.

Pontevedra conserva a distinción de fillos adoptivos a significados militares golpistas como Fermín Gutiérrez Soto, Salvador Moreno Fernández e Ángel Ramírez de Cartagena; a ministros na ditadura cono Pio Cabanillas Gallas, Gonzalo Fernández de la Mora e Juan Antonio Suanzes. Conserva rúas dedicadas a persoas que foron alcaldes na ditadura: Filgueira Valverde, Benigno Hevia, Augusto García Sánchez e Prudencio Landín. Pontevedra conserva a cruz dos caídos na avenida de Montero Ríos, a máis alta de Galiza con 16 metros, e a placa aos caídos no exterior da igrexa de San Benitiño de Lérez, no mosteiro de San Salvador de Lérez. Presidentes da Deputación de Pontevedra na ditadura conservan distincións: Rafael Picó é fillo adoptivo e ten rúa; Javier Puig conserva a rúa.

Os gobernadores civís de Pontevedra na ditadura seguen con medallas e a distinción de fillos adoptivos e predilectos da provincia: Rafael Fernández Martínez, José González-Sama, Ramón Encinas.

Vigo conserva a distinción de fillo adoptivo parra Antonio Pedrosa Latas, falanxista e participante na represión; Antonio Aranda, militar golpista; Eduardo González-Gallarza, ministro na ditadura; Leopoldo Eijo y Garay, falanxista e bispo franquista ten a Medalla de Ouro da cidade. Alcaldes da ditadura conservan distincións: Rafel Jesús Portanet dá nome a unha avenida e Tomás Pérez Llorente ten a Medalla de Ouro. O Marqués de Valterra (Pascual Fíez de Rivera y Casares) conserva unha rúa, que xa foi retirada en Pontevedra. Continúa a Cruz dos Caídos do Castro.

Como noutros casos xa enviados ao Ministerio de Memoria Democrática, estamos ante unha falta de vontade política por parte dos distintos gobernos –Pontevedra con alcaldía do BNG, deputación de Pontevedra con goberno de PSOE-BNG e desde 2023 do PP, e Vigo con alcaldía do PSOE– para cumprir coa Lei de Memoria Histórica de 2007 e a Lei de Memoria Democrática (LMD) de 2022.

Axunto o texto íntegro de 20 páxinas, incluíndo un ANEXO que amplía a información e xustifica a proposta para a inclusión no Catálogo do Estado.

Catálogo de Simboloxía franquista en Pontevedra e Vigo

* Sociólogo, investigador e vítima do franquismo.
Máis artigos do autor
Galiza – LoQueSomos

#Verdade #Xustiza #Reparación
#MemoriaDemocrática

Comparte este artigo, os teus amigos o agradecerán…
Mastodon: @LQSomos@nobigtech.es; Bluesky: LQSomos;
Telegram: LoQueSomosWeb; Twitter (X): @LQSomos;
Facebook: LoQueSomos; Instagram: LoQueSomos

LQSomos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar