Festa pola República na Coruña o 19 de xuño. Non queremos monarquía!

Festa pola República na Coruña o 19 de xuño. Non queremos monarquía!

Por Agencia Mp3

O manifesto “Non queremos monarquía. Galiza pola República e polo dereito a decidir” ten o apoio de máis de sesenta entidades de toda Galiza. A festa pola República do 19 de xuño na Coruña contará con actuacións musicais

19 de xuño de 2024, 10º aniversario da coroación de Felipe VI

A Festa pola República celebrarase o mércores, 19 de xuño, coincidindo co 10º aniversario da coroación de Felipe VI, a partir das 20 horas, no Campo da Leña (praza de España) da Coruña. Como é preceptivo, notificouse o 7 de xuño á Subdelegación do Goberno e Policía Local.

Segundo o cartaz da festa, que se axunta, estas serán as seis actuacións musicais: Grupo Ozáns, Mini, Xosé Taboada, Paco Campos, Grupo Parabéns e Tombalobos Orquetra. A escritora Beatriz Maceda e o escritor Henrique Rabuñal lerán un breve texto sobre a República. O escritor, músico e artista Xurxo Souto presentará esta Festa pola República.

Para divulgar esta festa, colocaranse mesas informativas o luns, 17 de xuño de 19 a 21 horas no Cantón Grande da Coruña, e o martes, 18 de xuño, de 18 a 21 horas no Campo de Marte, xunto á biblioteca da Asociación Veciñal de Monte Alto.

Na roda de prensa de hoxe informouse das actividades desenvolvidas na Coruña desde 2014, cando abdica o rei Juan Carlos. O 19 de xuño de 2014, coincidindo coa coroación de Felipe VI unha plataforma cívica de entidades da comarca da Coruña convocaba unha manifestación baixo o lema GALIZA POLA REPÚBLICA E POLO DEREITO A DECIDIR coa participación de máis de 3.000 persoas.

Posteriormente, constituíase a plataforma cívica Galiza pola República que convocaba unha concentración no Obelisco da Coruña o 23 de xullo de 2019 de 2019, cando se cumpría o 50º aniversario da designación polo ditador Franco de Juan Carlos como o seu sucessor na Xefatura do Estado; e outra concentración o 13 dea bril de 2021, coincidindo co 90º aniversario da proclamación da Repúlbica, cun manifesto apoiado por máis de setenta entidades de Galiza.

O manifesto da convocatoria da manifestación de 2014 lembraba: “A Coruña é unha cidade cunha forte tradición republicana e así o manifestou cando puído elixir libremente. Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931, que acabaron coa monarquía, as diversas candidaturas republicana acadaron 35 concelleiros e só 5 as monárquicas. E nas eleccións a Cortes de xuño de 1931 as candidatura republicanas conseguían 13 dos 16 deputados pola provincia da Coruña”.

O escritor e xornalista Manuel Rivas, que leu ese manifesto, facía esta reflexión persoal, que, dez anos despois, ten plena actualidade: “É un fermoso día porque estamos onde temos que estar e cando temos que estar. A democracia non é un agasallo temporal. Non é un paraugas que che presten na seca e que cho quiten cando chove, cando fai falta. A soberanía reside no pobo, iso din todos, mesmo os que a negan na práctica. Porque a soberanía popular, nestes momentos, no Estado español, está a ser obxecto de subtracción. O discurso dominante nesta xeira é dunha hipocrisía estupefaciente. Dinnos: sodes soberanos, mais non é tempo de exercer a soberanía. Xa seredes soberanos cando as ras boten pelo. Xa o estudaremos dentro duns séculos. Isto lembra a estafa das preferentes: o diñeiro é voso, pero comémolo nós. Esta é unha marcha na que dicimos non. Non á imposición monárquica. Non á subtracción da soberanía. Non á política de cartón pedra, que fan as elites á marxe do pobo. Mais tamén dicimos si. Un si moi grande á liberdade, que é o tesouro da humanidade. E dicimos si ao dereito a decidir. Porque os dereitos están para exercelos e non para que os teñan conxelados nas neveiras do poder”.

Cando se cumpre o 10º aniversario da coroación como rei de Felipe VI o manifesto, que axuntamos, chama a toda a cidadanía para que se sume á construción dunha alternativa republicana. É hora de expresar o noso compromiso en defensa da democracia e pola transformación social, con maior xustiza e liberdade para o noso pobo, e por iso queremos manifestar que estamos por un futuro republicano.

Ler o manifesto: “Non queremos monarquía. Galiza pola República e polo dereito a decidir”, prema aquí

Galiza – LoQueSomos

Comparte este artículo, tus amig@s lo leerán gratis…
Mastodon: @LQSomos@nobigtech.es Telegram: LoQueSomosWeb
Twitter: @LQSomos Facebook: LoQueSomos Instagram: LoQueSomos

LQSomos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar