Galiza: a manifestación en defensa da lingua do 17 de maio acabará cunha gran foliada

Galiza: a manifestación en defensa da lingua do 17 de maio acabará cunha gran foliada

Por Agencia LQS*

‘Queremos Galego’ anunciou a convocatoria de manifestación para o 17 de maio, que concluirá cunha foliada pola lingua na Praza do Obradoiro de Santiago. “Será unha homenaxe masiva á lingua e a cultura popular que se mantivo viva na voz das cantareiras”, afirmou a coordinadora da plataforma, Celia Armas, “resistindo a todos os intentos de apagala”.

A manifestación pola lingua do 17 de maio acabará cunha grande foliada pola lingua na Praza do Obradoiro

Queremos Galego fai un chamamento ás agrupacións, asociacións e colectivos da música galega a participar na grande foliada pola lingua e anima a todas as persoas que participen na manifestación a traer as súas pandeiretas. A música de Lingua vital xa! tomará de novo as rúas de Compostela. “Fronte aos enganos e mentiras da Xunta para manter a exclusión do galego e o desmantelamento da súa oficialidade”, advertiu Armas, “mostraremos cantando e bailando, a forza do pobo galego e da súa lingua”.

Queremos Galego desenvolverá plenarios por toda Galiza, durante as próximas semanas, con dous obxectivos: difundir a convocatoria de manifestación nacional e foliada pola lingua e comezar un proceso social amplo, plural e participativo para facer “o que a Xunta non ten disposición de facer”, avaliar o cumprimento do PXNLG e dos acordos nacionais e internacionais a favor do galego, detectar os obstáculos que impediron o seu cumprimento e concretar como se deben aplicar as medidas estabelecidas nestes acordos unánimes para garantir a súa eficacia. Este proceso, que se chamará Lingua vital, será presentado na praza do Obradoiro o 17 de maio.

“No canto de aplicar os acordos xa tomados como o PXNLG, a Carta Europea ou a Declaración Universal dos dereitos linngüísticos, avaliar o seu cumprimento e acordar un calendario para o seu cumprimento”, afirmou o voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, “a Xunta optou por excluír ás entidades representativas dos diferentes sectores sociais, desertar das súas obrigas e cargarllas a uns supostos expertos excluíndo , mentres en paralelo continúa a lexislar contra o galego”. “Fronte a esta actitude da Xunta e do Partido Popular”, explicou Maceira, “van ter resposta na mobilización da sociedade a favor do seu idioma mais tamén asumindo o protagonismo que se lle nega”. Farao cun proceso “aberto, plural e participativo, para que tanto institucións, administracións como organizacións da sociedade asuman a súa responsabilidade”. “Ese foi o compromiso que todas e todas asumimos na Declaración unitaria pola lingua presentada o 17 de novembro e que foi ratificado na histórica mobilización do 23 de febreiro que se repetirá este 17 de maio”, concluiu.

* Queremos Galego!

Comparte este artigo, os teus amigos o agradecerán…
Mastodon: @LQSomos@nobigtech.es; Bluesky: LQSomos;
Telegram: LoQueSomosWeb; Twitter (X): @LQSomos;
Facebook: LoQueSomos; Instagram: LoQueSomos;

LQSomos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.