Galiza. PsoE rexeita no pleno de Neda retirar cruz dos caídos
Por Manuel Monge*
El pleno del Ayuntamiento de Neda ha rechazado este lunes una moción del BNG que pedía la retirada de una Cruz de los Caídos del período franquista, situada en los jardines de O Coto…
O PP vota no pleno de Neda a favor da retirada da cruz dos caídos e o PsoE en contra
Puiden intervir esta mañá ao final do Pleno de Neda, o mesmo que en 2022, como membro do colectivo de presas e presas políticos na ditadura, como sociólogo, investigador e como vítima do franquismo.
A moción do BNG para retirar a cruz dos caídos de Neda tivo 5 votos a favor: 2 de BNG, 2 do PP e 1 de Moveneda; e 6 votos en contra do PSOE, que ten a Alcaldía con maioría absoluta.
Aprobouse unha moción do PSOE para convocar o Consello sectorial de Memoria Democrática.
No Pleno de 28 de novembro de 2022, xa aprobada a Lei de Memoria Democrática, o PSOE tamén rexeitou unha moción do BNG para retirar a cruz dos caídos a a rúa Gerardo Luaces, alcalde na ditadura. Daquela, a moción do PSOE tamén incluía: “Proceder a la inmediata convocatoria de la Comisión Municipal de Memoria Histórica”. Dezaseis meses despois desa “inmediata” convocatoria, aí segue a cruz dos caídos de Neda e a rúa do alcalde na ditadura.
Antes de comezar o Pleno, entregue aos 11 membros da corporación municipal o escrito que axunto.
Nos próximos días informarei ao Defensor del Pueblo, Ángel Gabilondo, do insólito resultado da votación do Pleno de Neda, un caso único en España: o PP a favor da retirada da cruz dos caídos e o PSOE en contra.
* Socióloga, vítima do franquismo.
Máis artigos do autor
Galiza – LoQueSomos
#Verdade #Xustiza #Reparación
#MemoriaDemocrática
Comparte este artigo, os teus amigos o agradecerán…
Mastodon: @LQSomos@nobigtech.es; Bluesky: LQSomos;
Telegram: LoQueSomosWeb; Twitter (X): @LQSomos;
Facebook: LoQueSomos; Instagram: LoQueSomos;