Camarada Fraga: memoria dun franquista

Camarada Fraga: memoria dun franquista

Por Agencia Mp3*

O próximo 15 de xaneiro cúmprese o 12º aniversario do falecemento de Manuel Fraga, unha boa ocasión para recuperar a memoria democrática. A CRMH fai publico o documental Camarada Fraga unha vez celebrado o centenario do seu nacemento

Xa coñecemos a biografía oficial, profusamente difundida: Manuel Fraga era un gran demócrata, trouxo a liberdade de prensa, home de Estado, pai da Constitución, honrado, galeguista etc. Cando se cumpre o centenario do seu nacemento, é un bo momento para difundir a biografía silenciada, a cara B dun Fraga con 35 anos de militancia franquista e servizos a unha ditadura criminal.

Non se trata de xulgar a traxectoria de Fraga desde as primeiras eleccións democráticas de 15 de xuño de 1977 até o seu falecemento. Queremos analizar o seu papel como membro activo da ditadura franquista e participante nun órgano colexiado, como o Consello de Ministros da Ditadura, que aplicaba unha política de “graves violacións dos dereitos humanos”, como sinalaba a Lei da Memoria Histórica de 2007.

O ditador Franco sempre estivo moi agradecido ao “Camarada Fraga” (era tamén o tratamento entre os fascistas) polos servizos prestados, como recollía o Decreto 154/1961, de 2 de febreiro do Caudillo Francisco Franco: “A propuesta del Ministro Secretario General del Movimiento, cesa el camarada Manuel Fraga Iribarne en el cargo de Delegado Nacional de Asociaciones de Falange Española Tradicionalista y de las JONS, agradeciéndole los servicios prestados” (BOE de 9 de febreiro de 1961)…

-Dossier ‘Camarada Fraga. Memoria dun franquista’, audiovisual-

* Comisión pola recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Comparte este artículo, tus amig@s lo leerán gratis… Mastodon: @LQSomos@nobigtech.es Telegram: LoQueSomosWeb Twitter: @LQSomos Facebook: LoQueSomos Instagram: LoQueSomos

LQSomos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Nos obligan a molestarte con las "galletitas informáticas". Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar